Atletismo Divertivo reúne nas pistas do Pazo de Barallobre a seiscentos escolares de Fene

A concellería de Deportes de Fene ultima os preparativos dunha nova edición das xornadas de “Atletismo divertido – Xogando co atletismo” nas que participará durante a xornada do mércores 9 de abril o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, e o xoves 10 de abril, o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP dos centros de ensino de Fene.

Fuente Concello de Fene

O obxectivo destas xornadas, que teñen unha base lúdica e deportiva, é que a rapazada coñeza as diferentes modalidades deste deporte e realice actividade física de xeito divertido e non competitivo. Por iso, non se tomarán anotacións das marcas ou tempos realizados e os nenos irán participando de xeito simultáneo nas diferentes probas:

Fuente Concello de Fene

Carreiras de velocidade e vallas (con vallas adaptadas ás idades): 50 metros aprox.

Salto de corda “buscapés”

Lanzamento de xabelina de foam

Salto de altura con carreira previa

Lanzamentos de precisión (1º e 2º) e peso (3º, 4º, 5º e 6º)

Salto de lonxitude con carreira previaUnha vez rematadas as actividades do circuito realizaranse por cursos as Carreiras de relevos nas que se dividirán aos participantes en equipos de 5 ou 6 persoas. E cada participante percorrerá unha distancia aproximada de 80 mts.

Tamén xogarán ao Buscapés, actividade na que un/ha monitor/a ou alumno/a cunha corda larga xira sobre si mesmo/a arrastrando a corda a ras do chan e o alumnado, en grupos, debe saltala durante periodos cortos de tempo establecidos polo monitorado. A medida que avanza o xogo se incrementa unha corda máis de xeito que son dúas cordas as que hai que saltar.

Fuente Concello de Fene
Fuente Concello de Fene

As xornadas de “Atletismo divertido – Xogando co atletismo” desenvolveranse en horario de mañá: de 10.00 a 13.00 horas, aproximadamente, e contarán cun descanso de media hora a media mañá para a merenda. O Concello proporcionará froita e augas a todo o alumnado.

A Xunta de Galicia, a través do programa “XOGADE” farase cargo do transporte do alumnado e do profesorado dende os respectivos centros de ensino ata o lugar de realización dos Xogos, así como de financiar unha parte do monitorado.

Fuente Concello de Fene
Fuente Concello de Fene

Por outra banda o seguro de accidentes de XOGADE farase cargo de cubrir posibles lesións- accidentes do alumnado de 2º a 6º de primaria (agás os maiores de 12 anos). E o Concello formalizará o seguro de accidentes do alumnado de 1º de Primaria así como dos maiores de 12 anos.

Organiza: concellería de Deportes de Fene coa colaboración da Xunta de Galicia, a través do programa Xogade, e Eroski Fene.

Fuente Concello de Fene

Lea también

El Baxi Ferrol organiza un viaje para la afición para vivir el derbi gallego en Lugo

El próximo domingo 22 de febrero se verán las caras Durán Maquinaria Ensino y el …