Apertura das inscricións para a sétima ruta SendAres 2024-2025

A concellaría de Deportes de Ares pon en marcha este 1 de abril o proceso administrativo da próxima ruta do SendAres, o programa de sendeirismo do Concello para redescubrir o patrimonio natural galego. A partir das 14:00 horas do citado día e a través da páxina web www.concellodeares.gal abrirase a inscrición telemática para o seu sétimo percorrido ás persoas empadroadas en Ares. Estará operativa ata o día seguinte, 2 de abril, na mesma franxa horaria, momento onde se abrirá a reserva de prazas aos non-empadroados no termo municipal.

Este último itinerario da tempada outono-primavera -sen contar a experiencia extraordinaria do SendAres en Asturias- promoverase nunha das contornas naturais máis espectaculares da costa galega: os cantís deLoiba. Partindo dende a praia de Esteiro, preto da carismática vila mariñeira do Barqueiro, camiñarase ao carón do litoral coas súas pedras afuradas polo vento, os areais salvaxes ou as espectaculares furnas, unha paisaxe para non esquecer en moito tempo.

O percorrido desenvolverase ao longo da xornada do domingo 27 de abril, cunha distancia aproximada de 12 quilómetros e unha dificultade MEDIA. O prezo é de 20 euros e inclúe servizo de guía, transporte e seguros. Saírase ás 8:15 horas en autobús e chegarase á vila de Ares preto das 15:00 horas, tomando como referencia a Praza da Igrexa a modo de punto de encontro.

A concellaría de Deportes asignou 25 prazas para a actividade que se cubrirán por orde de inscrición, primeiro empadroados nunha marxe de 24 horas e posteriormente non-empadradoados, ata o 14 de abril ás 23:59 horas ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.

Instantáneas da ruta SenAres anterior Cabo Ortegal:

Lea también

Venta de entradas para el partido del próximo lunes entre el Elche CF y el Racing de Ferrol

Las localidades pueden adquirirse hasta el próximo jueves día 3 a las 17.00 horas. El …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *