A marcha galega continúa imparable

Que a marcha é unha das puntas de lanza actuais do atletismo galego por resultados e por datos, é unha cuestión que a ninguén se lle escapa hoxe en día. A excelente calidade das nosas e nosos marchadores queda manifesta polos importantes logros obtidos ultimamente que os sitúan no centro da elite internacional.

Con elo, esta fin de semana disputábase na localidade murciana de San Pedro del Pinatar, o Campionato de España dos 20 Km. ruta á onde acudían a tomar parte catro marchadores e marchadoras galegas.

Fuente Federación Galega de Atletismo

Na categoría femina Antía Chamosa da Gimnástica de Pontevedra que facía exactamente tres semanas se impuxera no campionato de España dos 35Km. desenvolto en Marín con récord galego incluido, volvía novamente a proclamarse claramente campioa de España sobre os 20 Km. por diante de Paula Juánrez e Raquel González,  logrando ademáis, unha das mellores marcas de España de todos os tempos ao rematar en 1h:27:55 e rebaixar a súa marca persoal en ¡¡3:37!! que a sitúan momentaneamente nos postos líderes do ranking mundial. A maiores tamén lograba récords galegos nos tempos de paso nos 5K con 22:10 e nos 10 K. con 44.02

Fuente Federación Galega de Atletismo

Pola súa banda non menos importante medalla de bronce a lograda por Dani Chamosa logo de entrar en línea de meta cun tempo de 1:21.49 cedendo tan só ante o madrileño Alvaro López e o murciano Miguel Angel López. Segundo metal para o marchador da Gimnástica, que no pasado campionato de España de Marín, sumaba un subcampionato estatal que o colocan na elite da marcha española, e por extensión, da elite mundial.

No resto de actuacións, destacado campionato da marchadora do Celta Mar Chillón que remataba 15ª cunha mellor marca persoal de e 1:45.03, ocupando a cuarta das galegas en Murcia, Alba Pérez da Gimnástica, o posto 17ª con 1:46.52

Fuente Federación Galega de Atletismo

Iván Morales, campión do Mundo de Marcha

Noutro orden de cousas, nos Campionatos do Mundo Máster indoor que se están disputando no estado estadounidense de Florida, Iván Morales del Castillo,  lograba proclamarse novamente campión do mundo M45 sobre a proba dos 3.000 marcha logo de invertir un crono de 12:28.38. Con este título, o marchador coruñés do Marineda Atlético, redondea unha excepcional tempada invernal onde lembremos, batía o récord do mundo deste mesma proba o pasado día 1 de febreiro na pista de Ourense.

Lea también

Venta de entradas para el partido del próximo lunes entre el Elche CF y el Racing de Ferrol

Las localidades pueden adquirirse hasta el próximo jueves día 3 a las 17.00 horas. El …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *