O IVTM pódese abonar en Narón en período voluntario ata o vindeiro 16 de xuño

O Boletín Oficial da Provincia publicou este luns 31 de marzo o anuncio da Deputación da Coruña das normas de cobranza en período voluntario dos tributos e prezos municipais, entre eles o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) correspondente a este ano 2025.

No caso de Narón o período de pago voluntario do citado imposto será dende este 1 de abril ata o 16 de xuño, incluído. O pago poderá realizarse en diferentes entidades bancarias colaboradoras, na Oficina virtual tributaria (https://ovt.dacoruna.gal) e nas oficinas de Correos ou ao persoal de reparto, no caso de non ter domiciliado o imposto.

Lea también

Club Arco Narón obtiene 3 Oros, 2 Platas y 1 Bronce en la 5ª jornada de Liga Gallega AL

Este fin de semana ha tenido lugar en Ponteceso la 5ª y última jornada de …