O patrimonio industrial da provincia coruñesa, protagonista na feira B Travel de Barcelona

A Deputación participou nesta feira que se celebrou do 28 ao 30 de marzo cun espazo propio onde participaron o Museo Estrella Galicia (MEGA), e o proxecto da Factoría baleeira de Caneliñas (Cee).

O patrimonio industrial da provincia foi protagonista, un ano máis, no espazo da Deputación na feira B Travel, que se celebou en Fira de Barcelona do 28 ao 30 de marzo. Concretamente, o museo MEGA de Estrella Galicia e o proxecto de recuperación da Factoria Baleeira de Caneliñas, en Cee, encabezaron a programación que a Deputación desenvolveu no seu stand. Unha programación que consistiu en presentacións, degustacións e talleres de catas de cervexa.

Ademais, a delegación provincial encabezada polo vicepresidente, Xosé Regueira e a deputada Soledad Agra, que asistiron á cita, presentou un fam trip polo territorio ante unha selección de operadores de turismo e axencias de viaxe de Cataluña.

«Na provincia da Coruña temos un gran potencial no tocante a turismo industrial”, afirmou Regueira. “Nesta ocasión presentamos dous dos proxectos, de industria cervexeira e do patrimonio baleeiro de Cee, pero os exemplos son moitos e moi diversos: a conserveira, o patrimonio militar, os astaleiros…”.

O vicepresidente tamén se referiu ao turismo industrial como un “tractor” de “un perfil de visitante que valora a nosa identidade, historia e patrimonio, e que quere coñecer máis sobre o noso pasado, presente e futuro industrial”. “De aí”, engadiu, “que dende a Deputación da Coruña apostemos pola súa promoción en foros como estes, cos que conseguimos dar a coñecer ante un público moi interesado os nosos produtos turísticos de enorme relevancia”.

A viaxe de familiarización que se desenvolveu durante a primeira xornada tivo tamén un moi bo acollida ante os profesionais do sector turístico. Unha actividade que serviu para poñer en valor a potencialidade do turismo industrial coruñés ante potenciais vendedores do produto en Cataluña. Concretamente, plantexouse unha viaxe arredor de dous eixos: a visita a 6 xeodestinos, tanto a zonas de costa coma de interior e combinando cidades co medio rural.

E, por outro lado, combínase a temática máis puramente industrial (como poden ser as visitas a Mega ou a ruta da Construcción Naval) coa gastronómica, a través da campaña que está a traballar a Deputación “A Paisaxe que Sabe” contando con visitas a fábricas produtoras de queixo ou bodegas de viño e tamén coa artesanía, poñendo en valor tanto os modos de facer tradicionais (Ecomuseo Forno do Forte) como localizacións protoindustriais (Baleeira de Cee ou Astaleiro de Outes).

Rematan así tres días dun evento máis nos que a área de turismo da Deputación promociona a provincia como “un destino turístico cunha gran diversidade de produtos e opcións, pero que sobre todo é atractivo pola súa autenticidade, os seus recursos naturais tanto a nivel de paisaxe como de produto e patrimonio, e a súa identidade, que debemos defender e preservar sempre como o noso principal gran valor”, apuntou Regueira.

Lea también

Las cofradías de la ría de Ferrol acuerdan secundar un paro biológico de tres meses con ayudas económicas

Los socios de las cofradías de Ferrol, Barallobre (Fene) y Mugardos han aprobado en la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *