O BNG de Ferrol rinde homenaxe a Carvalho Calero

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolveu unha homenaxe a Carvalho Calero cando se cumpriron 35 anos do seu pasamento e aproveitou este acto para reclamar unha vez máis a «rehabiltación da súa casa natal e reivindicar a figura de Carvalho Calero como unha referencia da nosa cidade, do noso pais e da súa cultura».

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, quixo poñer en relevo «a coherencia de personaxes como Carvalho Calero. Nestes tempos confusos nos que estamos a vivir necesitamos certezas, argumentos contundentes.e claros como foi a brutal coherencia de personaxes como Carvalho Calero que deben servirnos como guía».

«Carvalho Calero foi obxecto de marxinación polo seu discurso porque o principal problema que puxo sobre a mesa non foi un debate ortográfico debate real que puxo sobre a mesa é que non podemos seguir mantendo a dependencia no uso da nosa lingua respecto do español e que continuar aprendendo galego sobre a base do español non nos vai levar mais que a convertir a nosa lingua nun dialecto deste».

Rivas defendeu que «esa dependencia linguistica podemos trasladarla a situación política que vivimos xa que é evidente que este pais dificilmente vai poder desenvolverse mantendo a súa dependencia política por iso precisamos manter a coherencia politica do BNG a hora de defender a Galiza».

Rivas defendeu «a coherencia do BNG na defensa desta terra contra o exploio dos recursos e lembrou que no noso pais temos exemplos claros deste expolío: o expolio eólico, a macrocelusosa de Altri ou mesmo os anuncios que se están a facer para extraer litio sen sustento científico nin medioambiental, unha politica que o BNG non vai blanquear e en cambio combatirá como leva facendo sempre».

 

Lea también

Hasta el 27 de octubre está abierta la licitación de la fase de Esteiro de Abrir Ferrol al Mar

La inversión es de cerca de tres millones de euros y el plazo de ejecución …