As Pontes inyecta 220.000€ na vila e contorna

A Xunta de Goberno Local do Concello das Pontes aprobou a adxudicación, por valor de 219.288 euros, a empresa local Ambientum, as obras de mellora da Rúa Real (fase 1) e a Rúa A Balsa (fase 2), na zona de Vila e a súa contorna, con cargo á Deputación da Coruña.

Fuente Concello de As Pontes

No caso da Rúa Real, levarase a cabo a renovación do pavimento e dos servizos existentes. Así, retirarase o pavimento existente e, previa á colocación da nova pavimentación, executarase unha nova base con leito de area e morteiro de cemento e area. Manteranse os niveis existentes e a colocación das novas lousas será similar á actual, cunha vagada central ao longo da rúa.

Ademais os sumidoiros de pluviais adaptaranse con novas rellas e cercos e procederase á limpeza das zonas lastradas, realizando un novo rexuntado onde sexa necesario. Por outra banda, realizaranse novas liñas de iluminación soterradas por la canalización existente, dotando de cabreado de alimentación e terra para a instalación de novas balizas que complementarán a iluminación existente.

Desde o goberno local, o rexedor, González Formoso apunta que “estes traballados permitirán a reforma integral da rúa, seguindo os mesmos criterios estruturais e estéticos aplicados na rehabilitación doutros viarios da Vila, como o calexón do Trigo, a Rúa Perfolla e as rúas San Xoán e da Igrexia, continuando coa nosa aposta pola conservación, protección do patrimonio e a revitalización do conxunto histórico pontés, ao que tamén se sumará a rehabilitación do inmoble situado no número 3 da Rúa da Igrexa, adquirido polo Concello e que na actualidade está en fase de licitación”.

Mellora da Rúa A Balsa

O proxecto básico e execución das obras de mellora de servizos e pavimentos na Rúa da Balsa permitirá mellorar a accesibilidade así como os servizos públicos de alumeadoe saneamento no viario. Así executarase unha nova pavimentación mediante formigón armado impreso e coloreado, resolvéndose o encontro coa calzada mediante a colocación de bordo de formigón. Os encontros da beirarrúa coa calzada resolveranse mediante a colocación de bordo, ampliándoas dentro do máximo autorizado, de forma que as beirarrúas actuais pasarán a ter 30 centímetros máis mantendo a xeometría e liñas xerais.

Instalaranse novas canalizacións para o alumeado e novos novos báculos e luminarias en todo o percorrido da zona de actuación. Por outra banda, executaranse as instalacións de saneamento mediante redes separativas e as acometidas necesarias. Así mesmo, substituirase a varanda actual na ponte do Río Chamoselo por una deaceiro galvanizado y pintado.

Lea también

Mugardos refuerza los servicios sociales tramitando la cobertura de una plaza para el SAF

El Concello de Mugardos continúa trabajando en la mejora de los servicios de atención social …