A Deputación da Coruña promociona o turismo industrial na feira B Travel de Barcelona

A Deputación da Coruña participa un ano máis en B Travel, a feira de turismo industrial que se celebra en Barcelona do 28 ao 30 de marzo, promocionando o turismo industrial da provincia. Conta con stand propio onde están presentes o Museo Estrella Galicia (MEGA) Ademais, a delegación da provincia da Coruña, encabezada polo vicepresidente da entidade e deputado de Turismo, Xosé Regueira, xunto coa deputada provincial Soledad Agra, presentará o venres ás 15h un fam trip polo territorio ante unha selección de operadores turísticos e axencias de viaxes de Cataluña.

Fuente Diputación de A Coruña

Esta viaxe de familiarización co territorio está baseada no interese en dar a coñecer a súa potencialidade no marco do turismo industrial a potenciais vendedores do produto en Cataluña, mercado cun alto interese para o territorio coruñés. Estruturase unha viaxe arredor de dous eixos.

Por unha banda, téntase chegar ao maior territorio posible, abarcando 6 xeodestinos e tanto zonas de costa coma de interior así como combinando visitas en cidades con visitas no medio rural. E, por outra banda, combínase a temática máis puramente industrial (como poden ser as visitas a Mega ou a ruta da Construcción Naval) con dous eixos máis: o gastronómico, a través da campaña que está a traballar a Deputación “A Paisaxe que Sabe” contando con visitas a fábricas produtoras de queixo ou bodegas de viño e a artesanía, poñendo en valor tanto os modos de facer tradicionais (Ecomuseo Forno do Forte) como localizacións protoindustriais (Baleeira de Cee ou Astaleiro de Outes).

A programación da Deputación nesta feira completarase con presentacións do Museo Estrella Galicia, MEGA, e tamén da Factoría baleeira de Caneliñas (Cee). Representantes de MEGA expoñerán as peculiaridades do museo, e tamén ofrecerán degustacións das súas cervexas. E, por outro lado, dende o concello de Cee darán a coñecer o proxecto de Caneliñas, onde estivo a maior factoría de procesamento de baleas da Península Ibérica, a de maior duración de España e a última en pechar de toda Europa.

O congreso de turismo internacional celébrase na cidade condal desde este venres ata o domingo, onde expositores de toda España e representacións de diferentes países de Europa mostran diferentes aspectos turísticos das súas terras. Trátase dun escaparate da oferta de turismo industrial e punto de encontro dos profesionais e aficionados desta proposta turística.

O obxectivo da área de turismo da Deputación coa súa participación neste evento é consolidar a aposta polo turismo industrial e gastronómico, iniciada xa no 2013. O proxecto iniciou unha estratexia turística innovadora que achegaba a oferta de turismo industrial directamente ao potencial público visitante. Ademais, organízase as xornadas profesionais nas que participarán a Deputación e empresas colaboradoras.

Lea también

Casi 13.000 estudiantes harán en Galicia la selectividad 2025, con grandes novedades en los exámenes

Las pruebas de la PAU, que se despiden de los tradicionales modelos A y B, …