‘Que sabemos de drogas?’ a nova proposta divulgativa da Academia AresXSalud

A Alianza Aresana acolle a quinta charla divulgativa da Academia AresXSalud, o programa educativo do Concello para aprender a incorporar hábitos saudables no día a día. ‘Que sabemos de drogas?’ é o título da próxima ponencia do venres 28 de marzo, ás 19:00 horas.

Coa intervención de Rebeca Graña Torralba, educadora social en Asfedrodende 2008 e Técnica Superior en Animación Sociocultural, realizarase un percorrido da información xeral sobre drogas á que ten acceso a veciñanza, os procesos de comunicación e acompañamento familiar e como se pode supervisar e detectar as sinais de risco no consumo de estupefacientes.

A maiores da súa condición de educadora social, Rebeca Graña tamén conta con experiencia en dispositivos asistenciais na Comunidade Terapéutica O Confurco e é coordinadora do programa INFODROGAS na Universidade da Coruña (UDC) e ‘A Modiño’ no Concello de Narón, ambos orientados á reducción dos riscos asociados ao consumo recreativo de drogas.

A charla destínase á poboación xeral, pero especialmente a pais ou persoas que traballen cos colectivos de infancia e adolescencia nos seus distintos ámbitos, dende o educativo, o sociocultural, activdades de ocio e tempo libre para a rapazada…

O acceso é libre, sen necesidade de reserva previa, e gratuíto. Coma sempre acontece nas dinámicas da Academia AresXSalud, haberá espazo e tempo para formular dúbidas e interaccionar coa educadora social.

Lea también

Valdoviño contrata un auxiliar de biblioteca con el apoyo económico de la Diputación

Este miércoles 16 se abre el plazo de presentación de solicitudes para concurrir al mismo. …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *