A Confraría de Pescadores de Ferrol pecha o Fórum Gastronómico cun showcooking

O chef Dani López, do Grupo Nove e con dous Soles Repsol (restaurante O Camiño do Inglés) realizou 5 receitas de vieiras da ría de Ferrol.

Confraría de Pescadores no Fórum Gastronómico

A Confraría de Pescadores de Ferrol pecha este martes 25 a súa participación no ‘Galicia Fórum Gastronómico’ onde desenvolveu dous accións con gran éxito de público. Na xornada do luns 24 de marzo, o cociñeiro Dani López foi o encargado de desenvolver un Showcooking de vieiras da ría de Ferrol. En concreto, elaborou as seguintes receitas, tomando como materia prima este bivalvo da ría:

Vieira mariñada en café con crema de champiñóns, e champiñóns ó allo.
Rape con vieira.
Vieira en caldeirada.
Empanada de maíz sopificada de vieira con xamón.
Escabeche de vieira e shitakee.

Confraría de Pescadores no Fórum Gastronómico/Vieira marinada ao café
Confraría de Pescadores no Fórum Gastronómico/Empanada sopificada de vieira

Na xornada inaugural, o domingo 23 de marzo, a Confraría de Pescadores de Ferrol comenzou promocionando a ameixa da ría de Ferrol, a través dunha degustación gratuita na que se despacharon máis de 500 racións de tres variedades: ameixa babosa, ameixa rubia e ameixa xapónica.

Confraría de Pescadores no Fórum Gastronómico/Escabeche de vieira
Confraría de Pescadores no Fórum Gastronómico/Rape-vieira

Ambas actividades, promovidas pola Confraría de Pescadores, forma parte da Campaña de Divulgación e Promoción de Produtos da Ría de Ferrol financiada con cargo ós Fondos FEMPA da UE, xestionados neste territorio polo GALP Golfo Ártabro Norte.

Na xornada deste cmartes do Forum Gastronómico se están a promocionar entre os visitantes os peixes e mariscos que captura e comercializa a Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, tales como navallas, carneiros, chocos, pulpo, centola e salmonete entre outros.

Confraría de Pescadores no Fórum Gastronómico/Vieira en caldeirada

Lea también

La Armada coopera con el Ayuntamiento en el Plan Director de «Abrir Ferrol ao mar»

Robles muestra compromiso «absoluto» con el proyecto de abrir la ciudad al mar y destaca …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *