Narón acolle en maio o mundial de hip hop

A alcaldesa da cidade de Narón Marián Ferreiro, o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club de Baile Deportivo Narón, Jesús Marcos, presentaron este luns 24 o cartaz do primeiro mundial de hip hop, que se celebrará no Pazo da Cultura os días 10 e 11 de maio

Así mesmo, anunciaron a apertura do prazo de inscrición neste evento deportivo, que se poden tramitar ata o 28 de abril a través da web: https://worldhiphopchampionship.com/home–wdsf-hip-hop-world championship-page.

A Federación Española de Baile Deportivo organiza este evento xunto co Consistorio naronés, co fin de traer á cidade unha  proba a nivel mundial, que conta tamén co patrocinio da administración autonómica.

A Federación Muncial (WDSF) apostou por organizar este ano en Narón o primeiro mundial de Hip Hop, presentando a súa candidatura o Concello de Narón e a Federación Española, que finalmente resultou seleccionada.

Lea también

Esmelle disfruta de una jornada de gran nivel en el Gadis Surf Festival Ferrol antes de las finales del circuito júnior

La playa de Esmelle volvió a ofrecer este sábado un gran espectáculo con la disputa …