A Deputación da Coruña lanza o concurso de microrrelatos #HoxeEscriboEn para a mocidade

A iniciativa pretende promover o talento creativo, o impulso ao idioma e a difusión do patrimonio dos concellos da provincia entre os mozos. Repartiranse como premios catro bonos culturais e catro saídas entre as persoas creadoras dos relatos.

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña pon en marcha unha edición para a mocidade do seu concurso de microrrelatos #HoxeEscriboEn. A través das súas áreas de Turismo e Cultura, e en colaboración coa Biblioteca Provincial, a institución pon en marcha a primeira edición desta iniciativa que pretende fomentar o talento creativo, a animación é escritura e á lectura, o impulso do idioma e a difusión do patrimonio dos concellos da provincia entre os mozos e mozas.

Destinatarios

O concurso xorde do seu homónimo destinado para todas as idades, que xa acumula varias edicións. O formato para a mocidade vai dirixido de xeito específico ao alumnado matriculado no curso 2024–2025 na ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio e Grao Superior, pertencente ao Sistema Educativo Galego e situados na provincia da Coruña. A participación será individual e cada persoa poderá presentar un único microrrelato, que deberá estar escrito en galego, ser inédito, non posuír ningún premio noutro concurso e estar desenvolvido en, como máximo, 500 palabras.

Os microrrelatos presentados poderán estar ambientados ou referirse a un concello da provincia da Coruña a través dun vínculo coa historia local, lendas, tradicións, persoeiros, valores positivos do concello, riqueza natural, cultural ou medioambiental, ou calquera outro aspecto que axude a resaltar o patrimonio do municipio en cuestión. Ademais, non é preciso que o autor ou autora teña vencello coa localidade protagonista.

Categorías

Para favorecer a participación e unha xusta valoración dos microrrelatos procedentes de diferentes idades ou distintos graos de madurez, establecéronse catro categorías: Alumnado de Primeiro e Segundo da ESO, alumnado de Terceiro e Cuarto da ESO, Alumnado de Bacharelato e Alumnado de Ciclos Formativos.

Premios

Outorgaranse dous premios por categoría e un premio final, que consistirá na adaptación do relato para a realización dunha curtametraxe na que poderá participar o conxunto do alumnado do centro, cun especial papel para a persoa autora do relato.  Os premios por categoría consistirán en catro bonos culturais de 100 euros, un por cada persoa gañadora en cada unha das categorías, e catro saídas culturais, dirixidas ao conxunto da aula de cada unha das persoas gañadoras. Ditas saídas consistirán nunha xornada con comida e transporte polo patrimonio da Deputación da Coruña a determinar co centro educativo.

Os microrrelatos serán valorados por un xurado especializado, e a valoración basearase en criterios de orixinalidade, calidade da redacción, calidade lingüística e aproximación á temática proposta.

Fuente Diputación de A Coruña

O prazo de presentación arrincou o pasado xoves 20 de marzo, un día despois da publicación das bases no BOP (https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/03/19/2025_0000001660.pdf) e estará aberto ata o 20 de abril.

A presentación dos relatos farase a través dun formulario web que se encontrará dispoñible en: https://www.dacoruna.gal/biblioteca/actividades/concur/consurso-hoxeescriboen

Cada participante debe enviar, xunto ao microrrelato, o seu nome e apelidos, curso e nome do centro educativo desde o que participa, concello da provincia no que se ambienta o relato, teléfono de contacto e enderezo postal. As persoas menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor/a legal.

Lea también

Afundación Ferrol acoge un recorrido por la historia autonómica de Galicia a través de las viñetas de Siro López

La Sede Afundación de Ferrol acoge desde este viernes 28 de marzo, la exposición «40 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *