Séptima edición en Pontedeume dos Cantos de Taberna

O evento terá lugar os días 23 e 24 de maio na zona vella do municipio .

A asociación Airiños do Eume, en colaboración co Concello de Pontedeume, presentaron na Casa do Concello a séptima edición dos seus Cantos de Taberna, un evento que dende o ano 2017 vén enchendo as rúas e tabernas da vila con música tradicional galega. 

Os Cantos de Taberna regresan co seu obxetivo de achegar a cultura popular á cidadanía e de encher a zona vella de Pontedeume con cantigas interpretadas por máis de 150 músicos de diferentes puntos do país. 

Nesta edición, dende Airiños do Eume destacan que o cartel do evento, deseñado por unha integrante da asociación, «rende homenaxe á cultura popular cunha clara referencia á icónica portada de Sgt. Pepper’s Lonely Hearts Club Band dos Beatles, reinterpretada cun grupo de música tradicional galega». 

O día 23 de maio, venres, iniciarase a celebración coa participación dos músicos máis novos, que percorrerán as prazas da vila interpretando pezas tradicionais. Ao mesmo tempo, o grupo Os Feroces da Galgueira amenizará as rúas coa súa música. 

A partir das 20:00 horas a Alameda de Raxoi acollerá unha mostra do traballo das escolas de Airiños do Eume, seguida dunha actuación de Cé Orquestra Pantasma, cun espectáculo pensado para todas as idades. Para pechar a xornada, Os Feroces da Galgueira percorrerán de novo as rúas. 

O sábado, día 24 de maio, a xornada comezará cunha feria de artesanía na Alameda, onde se poderán atopar produtos tradicionais. Os cantos levanranse a cabo en dos pases ao longo do día, primeiro de 12:00 a 15:00 horas e, tras un xantar na Alameda para os grupos participantes e quen se queira achegar, tamén de 19:00 a 21:00 horas.

Como broche final do evento celebrarase o tradicional concurso de agarrados e, posteriormente os grupos Faiscas da Pontraga e Zurrumalla ofrecerán os concertos de clausura na Alameda. 

Lea también

Valdoviño inaugura la programación cultural de julio con cine nocturno al aire libre

El público podrá asistir al pase del filme de animación “Una familia de superhéroes” a …