A Asociación Vai Rañala Meu! celebra o Día Internacional da Poesía

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza xunto co Colectivo Literario Moraima o Día Internacional da Poesía. Os actos celebraranse o víndeiro sábado 22 de marzo cunha xornada na que se realizarán diferentes actos entorno a esta data.

A Xornada terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes e estará composta por varios actos: A partir das 17:00 horas desenvolverase un paseo-recital poético. A actividade consta dun paseo polo parque anexo ao Centro Cívico no que recitarán un total de 8 poetas e poetísas, 5 do Colectivo Literario Moraima : Manuel José Díaz Vázquez, Mariola Hermida Romero, Inés Pérez García, Enrique Rodríguez Franco e Esther val Rodríguez, así como 3 convidados: Antón Cortizas, Xosé Fernández e Juan José Lada Vilariño. En caso de chuvia o recital desenvolverase no interior do Centro Cívico Social.

A continuación presentarase o libro “Apuntamentos e memorias do peor estudante do mundo” do escritor ferrolano Manuel José Díaz Vázquez. A guinda porana dende o grupo de Cantos de Taberna da A.C. Vai Rañala Meu!, que pecharán o acto facendo un paseo polo repertorio tradicional e popular da nosa música de raíz, despois do cal compartirase unha chocolatada entre as persoas asistentes.

A actividade está organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e o Colectivo Literario Moraima e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Lea también

El gimnasio Benygym de Narón brilla en el Open Nacional ISKA de Bilbao de Kickboxing

El gimnasio Benygym de Narón volvió a demostrar el excelente nivel de sus competidores tras …