A Delegación de Estudantes da EPEF organiza actividades no marco do seu patrón San Pepe

A Delegación de Estudantes da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña (UDC) organiza, este venres 21 de marzo, no marco da festa do seu patrón, o San Pepe, un concurso de Estruturas e outro de Construción de Barcos de Papel.

Fuente Campus Industrial de Ferrol

No Concurso de Estruturas, o estudantado inscrito terá que construír un fundíbulo ou catapulta de cartón e lanzar unha pelota de ping pong o máis lonxe posible. O evento terá lugar, na Aula 1.1 do Edificio de Apoio ao Estudo do Campus Industrial de Ferrol, a partires das 09:00 horas.

Fuente Campus Industrial de Ferrol

Pola súa banda, o Concurso de Construción de Barcos de Papel dará tamén comezo ás 09:00 horas pero, nesta ocasión, o escenario elixido para superar este reto será o Canal de Ensaios Hidrodinámicos, situado no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI).

Neste segundo concurso, o alumnado inscrito terá que construír un pequeno buque botando man de anacos de papel de cartón e duns paos facilitados pola organización. A embarcación terá que superar varias probas, unha dela delonxitude con pesos e a outra centrada nos efecto que as ondas producen no barco de papel.

Lea también

Abierta nueva convocatoria del concurso Runas 2026 del Festival de Ortigueira

El certamen Runas, que celebra su 27a edición, este año incorpora importantes novedades: la banda …