A XXV edición da Festa da Alteada celebrarase o 6 de xullo no paseo marítimo de Xuvia, en Narón

A concelleira de Festas de Narón, Mar Gómez, e a vicepresidenta da AVV Altea, de Xuvia, Lorena Saavedra, presentaron a programación da vixésimo quinta edición da Festa da Alteada, que se celebrará o vindeiro 6 de xullo no paseo marítimo de Xuvia. Unha convocatoria organizada dende o Consistorio, a través das concellarías de Festas e Promoción Económica, que dirixe a edil Olga Ameneiro, e coa AVV Altea.

A concelleira de Festas, Mar Gómez, e a vicepresidenta da AVV Altea, de Xuvia, Lorena Saavedra.

A programación comezará cunha sesión vermú de 13:00 a 15:00 horas, para a continuación dar comezo un xantar popular. Vieiras, churrasco, sobremesa e bebidas a prezos populares forman o menú cuxos tickets se poden recoller dende esta tarde no ambigú do local social da AVV Altea. Tamén se poden reservar chamando por teléfono ao número 981 393 561, manténdose as reservas ata o propio día do evento ás 13:00 horas, xa que despois no caso de que non se faga efectivo o pago e recollida poranse de novo á venda os tickets.

A comida terá lugar baixo unha gran carpa, con mesas e cadeiras, que se instalará na zona do paseo marítimo de Xuvia, onde tamén se desenvolverá o resto da programación do evento.

Pola tarde haberá unha festa infantil con xogos tradicionais de 18:00 a 19:00 horas e a actuación do Mago Paco, co espectáculo “Hocus pocus” dende as 18:00 ata as 19:00 horas. Finalizará a programación coa xa tradicional Festa da escuma, na que se poderán divertir todas as nenas e nenos que se acheguen.

Dende a entidade veciñal e o Concello animaron á cidadanía a acudir a este evento, unha das citas gastronómicas “a través da que queremos tamén promocionar un produto da nosa ría, como son as vieiras”, tal e como recalcou Mar Gómez. A concelleira valorou o traballo da AVV Altea por manter xunto co Consistorio esta celebración, “que camiña cara á súa trixésima edición e que cada ano concentra a centenares de persoas”.

Lea también

Cedeira acolle a primeira edición da Feira Castrexa

A vila de Cedeira viaxa esta fin de semana no tempo; O paseo da Mariña acollerá …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *