O Mago Antón representa en Freixeiro, Narón, o seu espectáculo “Mil maxias máis”

O Padroado da Cultura de Narón organizou unha nova función do espectáculo de maxia do Mago Antón “Mil maxias máis”, sobre a lingua galega, no parque do río Freixeiro.

As prazas por cada unha das quendas son limitadas -30 espectadores como máximo cada pase, pola capacidade do espazo- e cubriranse pola orde de chegada das persoas interesadas en presenciar o espectáculo.

Esta proposta diríxese a público familiar e aposta por poñer en valor o noso idioma para recordar a importancia que ten a palabra en galego.

As funcións programadas serán este domingo 29 ás 12.00 e 13.00 horas e tamén en horario de tarde, ás 17.00 e ás 18.00 no interior do “magomóbil”, un particular vehículo a través do que o Mago Antón representa os seus espectáculos por diferentes concello

Lea también

El auditorio de Ferrol acoge el concierto de música sinfónica “Universos paralelos”

La Filarmónica Ferrolana celebra el viernes 22 de mayo a las 20:30 horas en el …