A Agrupación Instrutiva Caamouco en Ares acolle o Minifestival DiversidArte

A Agrupación Instrutiva de Caamouco AIC acolle este sábado 28 ás 20:00 horas o Minifestival DiversidArte. Trátase dunha iniciativa de balde e aberta a todo o mundo impulsada pola Asociación Poten100mos, unha organización sen ánimo de lucro que ten como obxectivo o desenvolvemento persoal e a inclusión das persoas en situación de vulnerabilidade, desenvolvendo actividades dirixidas á súa integración e participación dentro da comunidade.

A proposta que traen á Agrupación Instrutiva está dividida en dúas partes. Arrancará coa Banda DiversidArte, formada por músicos e músicas con diversidade funcional intelectual, física e/ou sensorial, participantes de colectivos. Dirixidos polo mestre Antonio Arias Mosquera, na actualidade, a banda conta con 15 músicos e fixo as delicias do público cosseus cativantes ritmos percusivos, deixando a todos sen palabras en cada un dos seus concertos migrantes e minorías étnicas.

O minifestival rematará coa actuación de Ricardo Prado co seu espectáculo de danza integrada. El é campión medallista co seu equipo de Ximnasia Rítmica “Santiago Apóstolo” de diversidade intelectual. Dende 2018 actúa só coa súa proposta de baile moderno que non deixa de sorprender coa súa enerxía e entrega ao público.

A través do proxecto DiversidArte a entidade, con base na Coruña, logra de forma positiva e accesible, a concienciación social cara a igualdade, a integración e a inclusión social plena a través das artes diversas, reducindo os delitos de odio, promovendo a empatía universal e a paz social.

Orgullo LGTBIQ+

Por outra banda, A Agrupación Instrutiva de Caamouco súmase un ano máis ao Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+. Este ano a entidade adheriuse á campaña ‘Ser e sentir’ da Deputación da Coruña, coa que se busca visibilizar o compromiso a prol dunha sociedade respectuosa con todas as persoas, con independencia da súa condición sexual ou de xénero.

Ademais, como xa é tradición, a bandeira da diversidade xa ondea dende hai días na fachada da sede da Agrupación Instrutiva de Caamouco. O vindeiro sábado, coincidindo coa celebración do minifestival DiversidArte aproveitarase tamén para dar lectura a un manifesto con motivo do Orgullo LGTBIQ+.

Lea también

A XXV edición da Festa da Alteada celebrarase o 6 de xullo no paseo marítimo de Xuvia, en Narón

A concelleira de Festas de Narón, Mar Gómez, e a vicepresidenta da AVV Altea, de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *