A XXXI Feira do Cabalo reunirá a centos de asistentes na Barqueira

O Concello de Cerdido celebra o vindeiro 6 de abril a trixésimo primeira edición da Feira do Cabalo, convertendo A Barqueira na capital da andadura galega.

A cita comezará ás 12:00 horas coa primeira das competicións, a categoría Chapeada -1,5, con trofeos para os tres primeiros clasificados, patrocinadospor Casa Viuda. Xa pola tarde, a partir das 15:30 horas, continuará a competición cun total de catro categorías, nas que se premiarán os tres mellores en cada unha delas: Serrada -1.5, Serrada +1.5 e Chapeada +1.5. Ademais, recoñecerase ao mellorpoldro menor de 2 anos e ao mellor semental. Estes premios están patrocinados polos establecementos hostaleiros locais colaboradores do evento: Casa Ignacio, Rincón de Tania, Bar Elvis e Mesón Froallo.

O goberno local tamén outorgará o Trofeo Concello de Cerdido, que recoñecerá á amazona ou cabaleiro máis novo e ao máis veterano, destacando así o arraigo desta tradición na localidade. A xornada complementarase con diversos postos de polbo e churrasco paraque asistentes e participantes poidan repoñer forzas.

As persoas interesadas en participar nalgunha das modalidades poderán inscribirse a través do correo electrónico cerdidofeirado6@gmail.com ou presencialmente o propio día da feira, ata as 12:00 horas.

O alcalde de Cerdido, Alberto Rey, convida á veciñanza e aos visitantes a asistir a «un evento único e fondamente arraigado na localidade, que contribúaa dinamizar e preservar a nosa cultura». O rexedor tamén agradeceu “a colaboración de todos os locais e entidades que co seu esforzo aseguraron acelebración desta nova edición da Feira do Cabalo”.

Lea también

Comienza la rehabilitación en Ferrol del castillo de San Felipe

La concejala de Urbanismo de Ferrol, Blanca García, valoró positivamente el inicio de las obras …