Arranca a X Edición do Galicia Fórum Gastronómico

A Cofradía de Pescadores de Ferrol participa neste evento cun stand no que se ofrecerá unha degustación de ameixas e un showcooking de vieiras da ría ferrolá.

A Deputación da Coruña amosa ‘A paisaxe que sabe’ no Galicia Fórum Gastronómico, a feira que celebra a súa décima edición en EXPOCoruña deste domingo 23 ao martes 25 de marzo. Farao coa colaboración dunha decena de produtores da provincia e ofrecendo un amplo programa de case 30 iniciativas no seu stand.

Con ‘A Paisaxe que sabe’, a súa nova campaña, a Deputación da Coruña  pon o foco nos elementos paisaxísticos que alimentan a gastronomía da provincia e reforza a estratexia de compromiso cun turismo de calidade, que promova a preservación do medio e a mellora socioeconómica da contorna.

A Despensa D’Lujo (Coristanco), Cafés Lúa (Carballo), Chichalovers (Santiago de Compostela), Galmesán (Arzúa), Martietas de Fío (Bergondo), Orixes Galegas (Boqueixón), San Isidro Bakery (Bergondo), Sotavento (Outes) e Vánagandr (Cambre) son os produtores locais que, nesta ocasión, van da man da Deputación. Xunto a elas, a institución provincial ofrecerá durante os tres días do evento no seu stand un programa con almorzos, showcookings e degustacións desde as 11:00 horas ata máis aló das 18:30 horas.

Para estas actividades, a Deputación tamén contará con presentacións dos centros colaborativos da Fusquenlla (Moeche) ou Brión e cociñeiros e cociñeiras como Nel Parada (Nodestada, en Portosín), Víctor Basante (Arrueiro, en Laxe), Iria Espinosa (Árbore da Veira, A Coruña), Miguel Vázquez (Atípico, A Coruña), Nair González (Muelle 43, Mugardos) ou Lucía Freitas (A Tafona, Santiago).

A Cofradía de Pescadores de Ferrol participa neste evento cun stand no que se ofrecerá unha degustación de ameixas e un showcooking de vieiras da ría ferrolá.

A Confraría de Pescadores de Ferrol participa tamén neste evento e na primeira xornada, realizará unha degustación gratuita de tres variedades de bivalvos da ría de Ferrol: ameixa babosa, ameixa rubia e ameixa xapónica. Será o domingo en horario de 12.00 a 14.00 horas, no stand nº 153 do Fórum Gastronómico.

Ó día seguinte, a promoción de produtos da ría de Ferrol continuará con un showcooking a cargo de Dani López, do restaurante O Camiño do Inglés, galardonado con dous Soles Repsol. O chef realizará diferentes receitas tomando como materia prima a vieira da ría de Ferrol, o luns ás 13.00 horas.

O Fórum Gastronómico rematará o martes 25, xornada que se aproveitará para promocionar entre os visitantes os peixes e mariscos que captura e comercializa a Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol.

O Galicia Fórum Gastronómico, enfocado principalmente a profesionais da enogastronomía, acada a súa décima edición e neste 2025 terá como eixo principal ‘Un océano de cocinas’ para facer honra á diversidade culinaria que emana das profundidades do Atlántico.

Lea también

El Colegio Oficial de Gestores Administrativos de Galicia recuerda que el Sistema Verifactu NO es obligatorio

Desde hace semanas, está circulando información errónea sobre el sistema Verifactu, llegando incluso a confundirlo …