Axenda en Narón da fin de semana

Venres 14 de marzo de 2025

Actividade: La 4ta Lucía Hora: 20:30 Lugar: Pazo da Cultura

O X Festival Internacional do monólogo teatral Singular continúa esta tarde coa presentación desta comedia dramática da compañía cubana Aire Frío, protagonizado pola actriz Beatriz Viñas. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Actividade: Cea da Muller Hora: 21:30 Lugar: Restaurante Casa Becerra

O Concello remata hoxe os actos institucionais do 8M, Día Internacional da Muller, coa tradicional Cea da Muller, á que acudirán unhas 80 persoas. A convocatoria será unha homenaxe pública a Ana Isabel Ares Pernas, Muller do Ano de Narón 2025, licenciada en Química e vicerreitora do Campus de Ferrol.

Sábado 15 de marzo de 2025

Actividade: Elaboración de perfumes vexetais Hora: 11:00 Lugar: Centro cívico social do Couto

O Centro Cívico social do Couto acollerá durante un par de horas esta proposta do programa Guizo, para socialización en galego de menores de 6 a 12 anos. Os menores participantes (require inscrición previa) aprenderán a elaborar perfumes seguindo receitas clásicas a base de auga floral, esencias e elementos vexetais e tamén a elaborar saquiños ambientadores contra insectos.

Actividade: Macho grita Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura

O X Festival Internacional do monólogo teatral Singular inclúe hoxe unha nova comedia, neste caso a protagonizada polo actor Alberto San Juan, que estará acompañado por catro músicos no escenario. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Domingo 16 de marzo de 2025

Actividade: Kyoki Hora: 18:00 Lugar: Pazo da Cultura (Café Teatro)

A proposta para público familiar e infantil do X Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular inclúe a obra de teatro xestual Kyoki, da compañía Elefante Elegante para público familiar e infantil, e protagonizada por María Torres e Mario Rodríguez. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

Últimos días en Narón para inscribirse no Campamento dixital

Os menores de 9 a 13 anos empadroados en Narón ou que acodan a centros …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *