O Campus de Ferrol acolle o IV Hackathon Navantia Next Pioneers

Un reto real proposto por Navantia e 24 horas para atopar unha solución innovadora. Este é o desafío ao se que enfrontan os 45 estudantes de enxeñaría da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e os cinco enxeñeiros junior de Navantia que resultaron seleccionados para participar na cuarta edición do Hackathon Navantia Next Pioneers que deu comezo, este xoves 13 de marzo, ás 14:30 horas, no edificio da Exposición Permanente do estaleiro, e que logo continuará, como en anteriores edicións, no Campus Industrial de Ferrol.

Entre o grupo de estudantes da Universidade da Coruña (UDC) seleccionados para participar nesta cuarta edición do Hackathon Navantia Next Pioneers figura alumnado dos últimos cursos do grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto e do máster en Enxeñaría en Deseño Industrial, titulacións que se imparten na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI).

Do mesmo xeito, tamén participa neste reto estudantado do grao en Enxeñaría Mecánica, do grao en Enxeñaría Naval e Oceánica, do grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática, do grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, do programa de Simultaneidade do grao en Enxeñaría Mecánica e do grao en Enxeñaría Naval e Oceánica, así como do máster en Enxeñaría Naval e Oceánica e do máster Erasmus Mundus en Sostibilidade e Industria 4.0 aplicada ao Sector Marítimo (SEAS 4.0), todos eles estudos vinculados á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF).

O evento preséntase como unha oportunidade única para innovar, crear, aprender, colaborar e demostrar talento. Navantia e o Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e máis coa Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), presentan un espazo no que experimentar coa transformación dixital e as SmartTech. Ao longo das 24 horas que dura este hackathon, as persoas participantes, divididas en pequenos grupos de traballo multidisciplinares, contarán co apoio de profesionais do sector naval e da enxeñaría para acadar a solución do reto proposto.

Do mesmo xeito, os e as participantes recibirán dúas charlas motivadoras impartidas por persoal de Navantia co obxectivo de animalos e animalas a continuar traballando a contra reloxo na procura desa solución innovadora. O xurado estará composto por persoas expertas e profesionais da industria designados por Navantia, pola Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e máis pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF). Tal e como se recolle nas bases do Hackathon Navantia Next Pioneers, este xurado valorará, entre outros, o grao de adecuación e impacto da solución do problema, o grao de creatividade e innovación da idea, a súa viabilidade tanto técnica como económica así como a calidade e a claridade da súa exposición. Os e as integrantes do equipo gañador obterán unha bolsa de formación dun ano de duración en Navantia Ría de Ferrol.

Lea también

El submarino S-81 ‘Isaac Peral’ de la Armada recala en Marín y en Ferrol

El submarino ‘Isaac Peral’ (S-81), primera unidad de la serie S-80 de la Armada, recalará …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *