As Pontes acometerá a mellora da marxe esquerda da rúa Rego do Muíño

Tamén actuará nun tramo da Rúa Areosa. O proxecto ten un orzamento de 308.900 euros, procedentes da Deputación da Coruña.

Fuente Concello de As Pontes

O Concello das Pontes ten previsto acometer a mellora da beirarrúa e os servizos na marxe esquerda da Rúa Rego do Muíño e nun tramo da rúa Areosa. Os traballos, cun orzamento de 308.900 euros, con cargo á Deputación da Coruña levaranse a cabo nunha das arterias principais da mobilidade da localidade e permitirá a renovación dos servizos urbanos de saneamento e alumeado así como a renovación do pavimento seguindo o modelo das intervencións realizadas recentemente en rúas da contorna.

Así procederase á substitución do pavimento da beirarrúa por un novo solado de baldosas hidráulicas, agás arredor das árbores, onde se utilizará pavimento drenante e en orde a garantir a accesibilidade universal, proxéctase a supresión daqueles elementos e cambios de nivel que supoñen unha barreira no desprazamento das persoas con problemas de mobilidade e executarase un itinerario peonil accesible, ampliando a beirarrúa existente.

Ademais a carón do acceso ao local de ASPANAES na rúa Areosa proponse a execución dun itinerario peonil seguro desde a saída do centro, así como a execución dun paso peonil nas proximidades, de xeito que se posibilite ás persoas usuarias do centro e as súas familias transitar con seguridade pola contorna.

No tocante ás redes de servizos, a de saneamento executarase segundo un modelo de tipo separativo pluviais – residuais cumprindo a vontade do órgano promotor de ir substituíndo progresivamente as vellas redes unitarias por redes separativas cara unha mellor xestión do ciclo da auga.

A substitución da rede de alumeado realizarase con tendido soterrado e farois con luminarias LED e separación entre elementos asegurará a uniformidade lumínica esixida pola normativa de aplicación, garantindo a accesibilidade en condicións de seguridade ao tempo que se incrementa a eficiencia enerxética grazas ao baixo consumo de electricidade.

Para acometer esta transformación da rúa, con carácter previo será necesario, por tanto, proceder á demolición dos pavimentos e das redes de servizos que se pretende substituír, así como levar a cabo as escavacións e movementos de terras necesarios para albergar as novas redes de servizos.

Equiparase o ámbito con 3 bancos, 3 papeleiras e 7 xardineiras. Todos os modelos seleccionados son de madeira certificada de elondo resistente á intemperie e os traballos rematarán coa reposición da sinalización vertical e horizontal.

Lea también

Comparsas vencedoras del XXV Festival de Carnaval de Valdoviño

Las ganas de fiesta pudieron más que los chubascos el sábado en Valdoviño. El día …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *