IV Carreira pola Igualdade do Concello de Narón

Un total de 750 persoas inscribíronse na cuarta edición da Carreira e andaina pola Igualdade celebrada este domingo 9 na cidade de Narón con motivo dos actos conmemorativos do 8M, Día Internacional da Muller. As convocatorias desenvolvéronse en horario de mañá e os gañadores da categoría absoluta da carreira, de cinco quilómetros de percorrido, foron Mikel Ocerín, de Sada, e Lamyae Himi, do Club Atletismo Narón.

Absoluta masculina

A alcaldesa, Marián Ferreiro, entregou os premios xunto cos edís de Deportes, Ibán Santalla e de Igualdade, María Lorenzo.

O segundo e terceiro posto da absoluta masculina foron para Rafa Poupariña, do club Pasa ou Entorna, de Narón, e Manuel Campello, do Atletismo Narón, respectivamente. Na feminina o segundo posto acadouno Rebeca Soto, do Atletismo Narón, e o terceiro Claudia Pérez de El Puerto de Santa María.

Absoluta feminima

Os corredores da categoría absoluta partiron ás 11:00 horas das inmediacións do pavillón polideportivo municipal da Gándara, se ben os das outras categorías (prebenxamín, benxamín, alevín e infantil) foron saíndo progresivamente dende as 10:00 horas. Os camiñantes da andaina percorreron un tramo de 4.500 metros e saíron ás 11:05 horas, con meta ao igual que nos anteriores casos nas inmediacións do polideportivo da Gándara.

Ferreiro destacou que “nesta edición batimos o récord de participantes, o que é moi satisfactorio tendo en conta o motivo polo que se programa ano tras ano, que non é outro que visibilizar a importancia de acadar unha igualdade plena e real na sociedade entre mulleres e homes”.

A alcaldesa agradeceu a participación de todas as persoas que se sumaron a esta cita e a colaboración na mesma da Federación Galega de Atletismo.

Lea también

Pontevedra clausura el mejor Mundial Multideporte de la historia

Del 20 al 29 de junio, la ciudad gallega de Pontevedra se convirtió en el epicentro del …