Éxito de público en Narón na Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage

Novo éxito de público na quinta edición da Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage organizada polo Concello de Narón e a Asociación Ferro Vello. O evento programado para as xornadas do sábado e domingo no pavillón da Mocidade, na Gándara, reuniu a centos de persoas que durante os dous días -continúa esta tarde- se achegaron para ver o que se ofrecía na trintena de postos de anticuarios habilitados.

“Estamos moi satisfeitos con esta feira, que edición tras edición ten unha excelente acollida, o que a vai consolidando na nosa cidade non só entre a veciñanza de Narón e comarca senón tamén entre todas as persoas que traen os seus postos de venda para dar unha segunda vida a diferentes produtos”, sinalou a edil de Feiras, Mar Gómez.

A concelleira naronesa estivo na feira e conversou cos representantes da Asociación Ferro Vello e tamén con anticuarios participantes no evento, procedentes de diferentes puntos de Galicia pero tamén doutras comunidades, como Asturias, Cantabria, Castela León, País Vasco… e tamén do veciño Portugal, concretamente de Oporto. Libros, discos, artículos de decoración, mobiliario, aparellos de labranza, porcelana, xoguetes, pezas de xoiería… foron algúns dos artículos postos á venda nesta feira, nun espazo duns 1.200 metros cadrados.

Dende a Asociación Ferro Vello destacaron tamén as vendas rexistradas e agradeceron aos visitantes a “boa acollida” e ao Concello “a súa implicación para levar a cabo este evento, do que levamos xa cinco edicións que fan desta unha feira consolidada no calendario local”. Mar Gómez agradeceu a asistencia de todas as persoas que acudiron á feira, como visitantes ou como anticuarios cos seus postos, e valorou o «feito de poder organizar este tipo de convocatorias que teñen tan boa acollida”.

Lea también

Aparece en un río de Narón el cadáver de un hombre de ochenta años de edad

Los Bomberos de Narón han rescatado en el río Santa Cecilia,-Freixeiro, en la parroquia de …