A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! celebra o 8M con diversos actos

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza para o vindeiro sábado 8 de marzo a celebración do Día Internacional da Muller cunha xornada na que realizará diferentes actos entorno a esta data. A Xornada terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes e estará composta por varios actos:

Dende o día 1 de marzo e ata o vindeiro 23 , pódese visitar no centro cívico de Sedes a exposición “Galicianas , Mulleres galegas facendo historia”, unha instalación con tres estruturas nas que se pode coñecer o traballo, obra ou accións de 12 mulleres sinaladas que foron pioneiras ou significadas nos seus campos. A exposición é un traballo da A.C. Vai Rañala Meu! que conta coa colaboración do Consello da Cultura de Galicia e co deseño gráfico de Daniel Ameneiros.

A partir das 12:30 horas continuaremos cun obradoiro de baile tradicional baixo o título Bailar a canda os Tempos. Obradoiro a través do que coñeceremos cales son as dinámicas e códigos que se dan no baile tradicional tal e como nolo transmitiron as persoas vellas, portadoras deste rico e vivo ben patrimonial. A partir deles, aprenderemos un feixiño de pasos de baile para lle botar en canta foliada se nospresente, ao tempo que poñemos un ollo no que transmitimos ao bailar. Este obradoiro require de inscrición previa e ten un custe de 10€ por persoa. Estará impartido por Carme Campo e Chus Caramés de Andar cos Tempos.

Para pechar a xornada remataremos cunha Vermú Lila, composta de foliada libre na que todas as persoas que se acheguen poderán cantar, tocar e bailar amosando o aprendido no obradoiro. Convidamos a todas as persoas a participar traendo o seu instrumento. E por suposto haberá petiscos e quitafames para que o corpo aguante.

As persoas interesadas poden inscribirse escribindo ao seguinte enderezo electrónico vairanhalameu@gmail.com ou no whatsapp 616 4218 882

A actividade está organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

galicianas-dossier_online

Lea también

Aberto o prazo de matrícula en Narón nas tres escolas infantís municipais

A concelleira de Ensino de Narón, Olga Ameneiro, informou da apertura do prazo de matrícula …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *