Cedeira otorga os premios do desfile de disfraces de Entroido

A comparsa “Os Argalleiros” levou o primeiro premio da súa categoría no desfile de disfraces de Cedeira, no que tamén gañaron “Os Carochas”, na sección de grupos de tres a nove persoas. Desde o goberno local destacouse o bo humor, a creatividade e o espíritu de troula co que tanto os participantes como o público desafiaron o frío na tarde do sábado e abriron o programa festivo de Entroido.

Fuente Concello Cedeira

Así, na categoría de comparsas, con seis agrupación de máis de dez persoas, levaron premio “Os Argalleiros”, “Nanuk del Norte” e “Los Infieles”. Na de grupos, con seis inscritos, foron recoñecidos “Os Carochas”, “Cedeira Mariñeira” e “As Caralletas”.

Na sección de parellas o premio foi para Katrin e Katrina, e na individual houbo empate entre “Annibal” e “Guerrero Nórdico”. A asociación Apader levou o premio creado para entidades e o da mellor carroza foi para a de “Los Infieles”. En total, o Concello repartiu 5.200€ en premios.

Fuente Concello Cedeira
Fuente Concello Cedeira
Fuente Concello Cedeira

O programa de Entroido, que na noite do sábado e tras o desfile de disfraces viviu unha animada verbena, continuou o domingo con xogos e obradoiros para a xente miuda baixo a mesma carpa.

A festa continua este lúns cunha nova verbena organizada polo Concello e que amenizará a orquestra Origen, a partir das 23.30 horas. Para o martes, o programa prevé unha tarde de xogos inchables e obradoiros no Polideportivo Municipal, con entrada de balde e de cinco a oito. Xa o mércores, como colofón ao programa de Entroido, celebrarase o tradicional enterro da Sardiña, un percorrido ao que a veciñanza acode de loito para despedir a festa.

Fuente Concello Cedeira
Fuente Concello Cedeira
Fuente Concello Cedeira
Fuente Concello Cedeira

Lea también

Marcos Mella presentó su nuevo videoclip en el Casino Ferrolano

El cantautor Marcos Mella presentó este jueves 30 de abril a las 19:00 horas su …