A ASF incorpora unha nova enfermera á consulta onco-hematolóxica

Área Sanitaria de Ferrol ASF incorpora unha nova profesional de Enfermaría coa que se configuraba a consulta onco-hematolóxica no marco do Hospital de Día Onco-hematolóxico do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Cando unha persoa ten xa un diagnóstico e un esquema terapéutico establecido por mor dunha enfermidade oncolóxica ou hematolóxica, e polque precisa tratamento que se lle vai administrar no Hospital de Día Onco-hematolóxico, esta profesional será a referencia para o paciente na súa entrada neste dispositivo.

Dende xaneiro deste ano, nunha primeira consulta que esa persoa ten, soa ou co acompañante que desexe, poderá resolver todas as dúbidas que teña nese ámbito. Concepción Castro Guerra é a profesional de Enfermaría que se ocupa deste novo paso intermedio ou enlace entre o persoal facultativo e o resto de profesionais que desenvolven o seu traballo no Hospital de Día, cando recibes un diagnóstico deste tipo é moita a información que se facilita nun primeiro momento e que hai que asimilarNesta nova consulta específica, podes abordar os aspectos clave dos tratamentos, e resolver as súas dúbidas”.

Nesta liña, a responsable do Servizo de Oncoloxía, a facultativa Laura de Pazindica que con este chanzo “ponse en valor realmente ó paciente, personalizamos a súa atención”. E subliña, é un xeito de valorar a súa colaboración, e un traballo en equipo dos que conformamos o Hospital de Día”.

Coñecer, seguir e responder dúbidas

Así, tralo diagnóstico, como xa se dixo, esta enfermeira ten unha primeira consulta na que explica “o funcionamento do Hospital de Día, como son os tratamentos, o esquema dese tratamento, os posibles efectos secundarios máis comúns do mesmo, ou as pautas de hixiene, coidado da pel, ou hidratación”, entre outras cuestiónsEsta profesional conta cun espazo e un tempo específico para esa persoa, aquí, estamos nunha consulta dentro do propio Hospital de Día, e poden preguntar por min en todo momento”.

Tras esa primeira consulta, temos outra cando xa levan tres ou catro ciclos de tratamento, por se hai novas dúbidas ou cambiou en algo a súa situación”. Esta profesional enfatiza esta cuestión, xa que se ve máis alá da clínica, interesándose por todos os aspectos sociosanitarios que poden influír á hora de recibir estes tratamentos.

Antes facilitábase esta información entre a consulta do facultativo, ou no propio persoal do Hospital de Día. Ás veces as secretarias recollían as dúbidas, pero non podían resolve-las elas, tiñan que derivalaspero agora esta información aglutínase e personalízase nesta figura referente para os e as pacientes. Tanto é así, que conta cun numero de teléfono que lles facilita para resolver as dúbidas que lle poidan xurdir.

Así, explican que se favorece o trato do paciente, que é o fundamental, e se deixa máis tempo do ámbito clínico ou do administrativo que se pode empregar noutras cuestións, incrementando igualmente a interacción entre os e as profesionais ante calquera interrogante ou incidencia.

Esta consulta de enfermaría onco-hematolóxica comezaba a funcionar no mes de xaneiro, “aínda estamos arrancando, pero a xente manifesta que está agradecida, xa nos ten como referencia e pregunta por nós ó chegar”, conta Concepción Castro. Por esta consulta de acollida, están a pasar na actualidade unha media de cinco pacientes diarios e programados ós que se coñece, séguese e se lle resolven dúbidas dun xeito moito más achegado.

Lea también

Ferrol aprueba su segundo plan de contratación con más de 90 intervenciones

El Concello de Ferrol continúa con su apuesta por la planificación en las intervenciones y …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *