Narón denuncia actos vandálicos nos aseos públicos do paseo marítimo de Xuvia

O edil de Seguridade Cidadá de Narón, José Oreona, denunciou un acto vandálico rexistrado na noite deste venres 28 na zona do paseo de Xuvia, concretamente nas instalacións dos aseos públicos.

Axentes da Policía Local que patrullaban pola zona foron alertados de que se forzara a porta dos aseos e estaban abertos e con desperfectos. Unha vez no punto, comprobaron os feitos e realizaron o pertinente informe para poñer en marcha a investigación que poida esclarecer o acontecido.

A persoa ou persoas que realizaron estes actos romperon varias portas da construción que alberga os aseos, provocaron danos no inodoros, deixaron reventada unha das descargas, o que provocaba a saída continua de auga ao exterior e deixaron unha maza no chan, presumiblemente coa que realizaron os danos.

O edil naronés lamentou o feito de que se produzan este tipo de sucesos na cidade “que finalmente ocasionan unha serie de gastos ao conxunto da cidadanía e que impiden ter en bo estado instalacións e servizos públicos que están pensados para uso de todos”. Oreona criticou este tipo de feitos vandálicos e “a falta de civismo da xente que realiza estes actos, que atentan contra servizos públicos, como neste caso, e causan un perxuízo á cidadanía e un custe ás arcas municipais para proceder a subsanar os danos causados”.

Lea también

El stand de Ferrol Patrimonio Mundial llega a Odeón

Odeón recoge este viernes en Narón firmas para impulsar la candidatura de Ferrol Patrimonio de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *