Axenda en Narón da fin de semana

Sábado 1 de marzo de 2025

Actividade: Campionatos galegos de Tenis de Mesa Hora: Dende as 10:00 e pola tarde dende as 16:00 horas.  Lugar: Pavillón Campo da Serra.

O Concello e o Club Tenis de Mesa Cidade de Narón organizan os campionatos galegos nas modalidades prebenxamín, alevín e xuvenil, nos que participarán preto dun centenar de deportistas procedentes de diferentes clubs.

Actividade: XVII Festa do Cocido da Gándara. Ás 14:00 horas no  Pavillón da Mocidade (A Gándara).

O Concello colaborou coa AVV Santiago Apóstol da Gándara na organización deste evento gastronómico, que dará comezo sobre as14:00 horas e inclúe sesión vermú ao mediodía e música ao longo da tarde.

Actividade: Festival de comparsas de Narón,  ás 16:30 horas. Lugar: Saída das inmediacións do Pavillón da Mocidade (A Gándara) cara á pista polideportiva da Solaina

Un total de nove comparsas participarán no Festival de Entroido que dará comezo ás 18:00 horas na pista polideportiva da Solaina, baixo unha gran carpa. Previamente as formacións partirán en comitiva dende as inmediacións do pavillón da Mocidade, na Gándara, polas rúas Rafael Bárez, Estrada de Castela, Avenida de Santa Icía e avenida da Solaina.

Domingo 2 de marzo de 2025

Actividade: Campionatos galegos de Tenis de Mesa. Dende as 10:00 e pola tarde dende as 16:00 horas. Lugar: Pavillón Campo da Serra

Lea también

La serie del primer premio de la Lotería de este jueves, había sido devuelta por la administraciòn de Narón

A pesar del anuncio de Loterías y Apuestas del Estado informando que el primer premio …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *