O Grupo Socialita de Ferrol a través dun comunicado expresa que «o Partido Popular (PP) votou en contra da moción presentada polo citado grupo para poñer en marcha un Plan de Adquisición e Alugueiro de Vivenda para Mozos en Ferrol, impedindo así a aprobación dunha iniciativa destinada a facilitar oacceso ávivenda para a xuventude e a revitalización de barrios en situación de abandono». «O voto en contra do PP foi determinante para que a moción non saíse adiante no Pleno do Concello de Ferrol».
O portavoz socialista, Ángel Mato Escalona, expresou «a súa profunda decepción polo resultado da votación e criticou a falta de compromiso do PP coa mocidade de Ferrol». «Hoxe o Partido Popular volveu darlle as costas á xuventude e ás súas necesidades. Co seu voto en contra, bloquean asoportunidades de futuro para os mozos e mozas da nosa cidade», declarou Mato. «O PP prefire manter barrios baleiros e en deterioro antes que apostar por políticas sociais que favorezan o acceso á vivenda e a revitalización urbana«, engadiu.
«A moción presentada polo Grupo Municipal Socialista incluía un conxunto de medidas clave para dar resposta ás necesidades habitacionais da mocidade ferrolá, promovendo ao mesmo tempo a cohesión social e o desenvolvemento económico nos barrios máis necesitados de Ferrol. Entre as medidas destacaban a rehabilitación de vivendas baleiras en Recimil para destinalas ao alugueiro xuvenil a prezos accesibles, a adxudicación prioritaria para mozas e mozos en Ferrol Vello, a inclusión dos barrios de O Inferniño e Caranza nos plans autonómicos de rehabilitación e a aceleración da urbanización en Bertón para fomentar o alugueiro asequible».
Ángel Mato lamentou que «o PP non só rexeitase todas estas propostas, senónque tampouco presentou ningunha alternativa para abordar a problemática do acceso á vivenda para a mocidade. A súa inacción e falta de compromiso son un freo para o desenvolvemento de Ferrol». Mato destacou tamén que «con esta negativa, o Partido Popular está a limitar as oportunidades de emancipación e desenvolvemento persoal da nosa xuventude, forzando a moitos mozos e mozas a abandonar Ferrol por falta de opcións habitacionais accesibles».
Durante o debate no pleno, o Grupo Municipal Socialista tamén denunciou «o sincumprimentos do programa Rexurbe en Ferrol Vello, un proxecto autonómico que tiña como obxectivo a rehabilitación de inmobles en cascos históricos, pero que enfrontou importantes atrasos na súa execución». Mato destacou a «incapacidade para xestionar o programa Rexurbe e de deixar sen uso edificios que poderían ofrecer vivenda á mocidade e revitalizar o barrio de Ferrol Vello».
A pesar do resultado adverso, Ángel Mato comprometeuse «a seguir traballando para que a mocidade ferrolá teña acceso a unha vivenda digna e para revitalizar os barrios da cidade». «Non imos permitir que o PP siga bloqueando o futuro de Ferrol. Seguiremos defendendo políticas sociais inclusivas e urbanas que constrúan unha cidade máis dinámica, sostible e igualitaria», afirmou con rotundidade o portavoz socialista.