Psoe Ferrol formula no pleno de febreiro tres cuestións orais

O grupo socialista de Ferrol formulará no pleno ordinario deste mes de febreiro tres cuestión. Unha delas versa sobre o seguinte tema que expón o seguinte «O pasado 17 de xaneiro o PP de Ferrol publicaba nas dúas redes o seguinte: «O Concello arranxará co 2% cultural o volume traseiro do teatro Jofre». «En comisión informativa este grupo preguntou por esta cuestión, xa que non ten constancia desta resolución. Esta pregunta non foi respostada, polo que o grupo municipal socialista pregunta ao alcalde en sesión plenaria o seguinte: ¿O Concello recibiu ese 2% cultural e onde está esa resolución afirmativa (ou denegatoria), a que pedimos ter acceso?»

Otra cuestión versa sobre o financiamento do Centro de Formación para a Recualificación Laboral no Sector Naval, Hostalaría e Turismo. O grupo socialista expón o seguinte

«O Centro de Formación para a Recualificación Laboral no Sector Naval, Hostalaría e Turismo foi concibido como un proxecto estratéxico para impulsar o desenvolvemento económico e laboral en Ferrol, centrado na formación e recualificación de traballadores en sectores clave para o futuro da cidade. Este centro buscaba adaptar a forza laboral ás novas demandas do mercado, promovendo a innovación, a dixitalización e a sustentabilidade».

«O proxecto foi inicialmente presentado polo anterior goberno local e estaba aliñado cos requisitos dos fondos europeos do Instituto para a Transición Xusta, o que garantizaba o seu financiamento sen cargar ao orzamento municipal. Non obstante, a decisión do
actual goberno de Rey Varela de eliminar este proxecto e substituílo por outras iniciativas que foron excluídas na convocatoria, levou á perda desta oportunidade de financiamento europeo».

«Dado que non hai previsión de máis convocatorias do Instituto para a Transición Xusta, a cidadanía de Ferrol merece saber como se vai garantir o financiamento deste proxecto estratéxico e cal é o plan do goberno municipal para asegurar a súa viabilidade».

En referencia ó expresado, Psoe Ferrol formulará a seguinte pregunta «Como ten previsto o goberno de Rey Varela financiar o Centro de Formación para a Recualificación Laboral no Sector Naval, Hostalaría e Turismo?»

A outra cuestión versa sobre «a redución do IBI en Ferrol en coherencia coas políticas fiscais anunciadas polo Partido Popular a nivel nacional, cuxa exposión de motivos argumentados son os seguintes«

«En outubro de 2024, o Goberno municipal de Ferrol aprobou unha subida do tipo impositivo do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) do 0,63% ao 0,69%, o que supuxo un incremento medio de 24 euros anuais no recibo dos veciños. Esta decisión contrasta coas recentes declaracións do líder nacional do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, quen anunciou acordos con máis de trinta alcaldes do PP para promover bonificacións e reducións no IBI, co obxectivo de facilitar o acceso á vivenda e aliviar a carga fiscal sobre a cidadanía».

«Ante a evidente contradición entre as políticas fiscais locais e as promesas realizadas polo Partido Popular a nivel nacional, e considerando o impacto económico que esta subida do IBI representa para as familias de Ferrol,  ¿Ten previsto o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, reducir o tipo impositivo do IBI para aliñarse coas políticas de bonificacións e baixadas de impostos anunciadas polo líder nacional do seu partido, Alberto Núñez Feijóo?»

Lea también

BNG de Ferrol e AVV Ferrol Vello demandan o mantemento da parada de curuxeiras

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, xunto a María José Peniza, presidenta da Asociación Veciñal …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *