Inscricións en Cedeira no concurso de Entroido

O goberno local de Cedeira recorda que este xoves 27 remata o prazo de inscrición no concurso de disfraces que se vai celebrar este sábado e que abrirá o programa festivo de Entroido na localidade. Desde o Concello animan a participar nas diferentes categorías e recordan que se van repartir 5.200€ en premios, un estímulo para o certame máis concurrido e divertido.

Cómpre recordar que existen as seguintes categorías e premios: carroza, dotada con 300€; comparsa, con tres premios de 1.200, 1.000 e 800€; grupo, con 600, 400 e 300€; asociación ou centro educativo, 300€; parella, 200€ e individual, 100€. As bases do concurso se poden consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello e o formulario de inscrición deberá entregarse de maneira presencial antes das 14.00h deste xoves, día 27, no Rexistro do Concello ou ben antes das 00.00h na sede electrónica.

A festa do Entroido comezará o sábado co desfile de disfraces. As persoas participantes reuniranse na zona da estación de autobuses a partir das 17.30h para comezar o percorrido ás 18.00h. A comitiva irá pola avenida Castelao, dará a vota ás dúas pontes e rematará na praza Roxa.

Os grupos e comparsas poderán facer varias actuacións ao longo do desfile e repetilas ao chegar ao final, onde o xurado deberá deliberar e comunicar -estímaes que arredor das 23.30h- o seu fallo. A continuación comezará unha verbena coa actuación do grupo Ritmo.

O programa do Entroido continuará ao día seguinte, o domingo 2 de marzo, con xogos e obradoiros a partir das 17.00h na praza Roxa. Alí desenvolverase o luns unha verbena, a partir das 23.30h, coa orquestra Origen. Para o martes, 4 de marzo, o Concello programou unha tarde de inchables e obradoiros no Polideportivo e o 5, a partir das 18.00h, será o enterro da Sardiña.

Lea también

Daños en el interior de un vehículo al incendiarse la parte del motor, en Perlío

La propietaria de un Ford Max se llevó más que un susto cuando en la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *