Axenda da fin de semana en Narón

Sábado 22 de febreiro de 2025

Actividade: Reunións informativas sobre actualización de datos no Rexistro municipal de asociacións; A las 10:00 horas en el Centro cívico social de Castro.

O Concello organizou esta convocatoria a través da Escola de Participación Cidadá de Narón, para informar ás entidades sobre as súas obrigas e dereitos, entre outros asuntos, e recalcar a importancia de que teñan os datos actualizados no Consistorio. Haberá outra convocatoria o día 26 deste mes na zona urbana.

Actividade: “Somos ríos, somos fontes, somos regatos pequenos…”; A partir das 11:00 horas na Biblioteca municipal.

A actividade enmárcase nos actos organizados polo Concello para conmemorar o Día de Rosalía. Caxoto Contacontos trae a Narón este espectáculo, para público familiar e infantil, co fin de que poidan coñecer máis polo miúdo a figura da nosa escritora máis universal. A asistencia require inscrición previa.

“Rigoletto”-Padroado da Cultura de Narón

Actividade: “Rigoletto”; A las 20:00 horas, no Pazo da Cultura.

A compañía Almamahler trae a Narón este espectáculo de ópera, de algo máis de dúas horas de duración, divididas en tres actos e protagonizada por Rigoletto, un bufón amolado da corte dun ducado italiano e a súa filla Gilda, á que agocha na súa casa e tan só deixa saír para ir á igrexa a rezar. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.

Domingo 23 de febreiro de 2025

Actividade: “Campanas de Bastavales”; A las 18:00 horas en el Auditorio municipal.

O acto central do Día de Rosalía será esta representación teatral, con entrada de balde e a cargo da compañía Imaxina-T, da asociación Celeuma-Espazo alternativo.

Lea también

La Diputación de A Coruña aportará en el POS 2025 hasta 15,9 millones de euros a las comarcas de Ferrol, Eume y Ortegal

Así lo ha dicho Formoso en Narón, localidad que ha visitado acompañado de Cristina García …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *