Moeche ultima un ambicioso programa de Entroido

A festa de Entroido en Moeche celébrase o martes 4 de marzo: inchables, música, concurso de disfraces, chocolate con churros…  na nave do Mercado, un espazo agradable para unha xornada de festa. As inscricións no concurso de disfraces – infantil e adultos, modalidades individual e grupal- farase o mesmo día na nave do Mercado.
 
 
Chega o Entroido, as datas das bromas e brincadeiras, de se vestir do que non somos e xutarnos para rir, bailar, comer e pasalo ben. En Moeche, como no conxunto da comarca, é unha festa con moi boa acollida, na que maiores, e nenos gozan. Este ano o Concello organiza a tradicional festa na nave do Mercado o martes 4 de marzo, festivo local.

Empeza o CEIP San Ramón con varias actividades para o alumnado que os leva a vivir e coñecer o sentido do Entroido; ademais confeccionan disfraces e organizando comparsas por cursos que desfilarán no centro de ensino e que mesmo se achegan ao Concello. O carnaval escolar culminará, coma todos os anos, coa tradicional queima do Meco. E logo comezan as vacacións e entramos de cheo no Entroido.

Festa do Entroido na Nave do Mercado

A Nave do Mercado de San Ramón no seu día grande, o 4 de marzo, Martes de Entroido, acollerá a festa que a concellería de Cultura de Moeche ten preparada. Nesa xornada (festivo local) haberá obradoiros, xogos, inchables, música e concurso de disfraces con premios nas categorías infantil, adulta e grupos. Comeza ás 17:00h e durante o serán tamén se servirá chocolate con churros para a rapazada.

Concurso de disfraces
Para participar no concurso de disfraces, que empezará a partir das 18:30h, será necesario facer unha inscrición previa ese día na propia nave.

Establécense dúas categorías, infantil – ata os 12 anos- e adultos – maiores de 12 anos- e dúas modalidades en cada categoría, individual e grupal- .Debe haber un mínimo de 3 participantes ou grupos en cada categoría e modalidade para poder realizar o concurso. E  tamén haberá premios en cada modalidade e categoría.

A categoría infantil , na modalidade individual establécese como agasallo unha cesta, e na modalidade grupal, un vale de 50€ para unha merenda e petiscos nun dos locais de hostalaría que se indicarán.  E na categoría de adultos, a persoa gañadora na modalidade individual recibirá un vale de 50€ para consumir nalgún negocio local entre os que se indiquen, e o grupo gañador na modalidade grupal, obterá un vale de 100€ para gastar nun local de hostalaría. No caso de que o xurado o considere necesario, poderanse outorgar  accésits nas distintas modalidades.

Xantar, baile e disfraces en San Xurxo e Labacengos

Días grandes do Entroido modestino serán tamén o sábado 1 e o sabado 8 de febreiro coas dúas citas que teñen preparadas as asociacións veciñais Val de Moeche Labacengos.

En San Xurxo a AVCR Val de Moeche ofrece un cocido que se servirá o 1 de marzo, sábado, no local social do Pereiro a partir das 14:00h. O menú leva sopa, cocido, sobremesas típicas, pan, bebida e licores ao prezo de 20€ as persoas socias e 25€ as non socias. Desde a entidade indican que tamén terán animación musical a cargo de Alberto Bellón Hai que anotarse antes do 25 de febreiro chamando ao 622 916 960.

E o sábado seguintes, o 8 de marzo, é a A.VV. de Labacengos quen celebra a súa festa de Entroido. O xantar comezará ás 14:30h no local social do Ventoeiro, composto por sopa de cocido, cocido -lacón, touciño, costela, chourizo, patacas, verdura e garavanzos-, pan, bebida, café, licor e doces de Entroido. Tamén terán música e un concurso de disfraces a partir das 17:00h con premios para o mellor disfrace infantil e adulto.

Lea también

El concello de Mugardos regulariza el proceso de solicitud de plazas en la Escuela Infantil Municipal «As Lagoas»

Según informa el concello de Mugardos  «se completó la regularización de las solicitudes de plazas …