22 atletas galegos toman parte esta fin de semana os días do 21 ó 23 no Campionato de España absoluto que se leva a cabo nas pistas madrileñas do Gallur

As bazas máis importante estarán centradas novamente na actuación dos atletas olímpicos Belén Toimil, Adrián Ben e Ana Peleteiro así como a do xoven valor da lonxitude Sergio Coello.
A priori é Belén Toimil quen parace ter máis segura a medalla de ouro nun campionato no que defende título. A de Mugardos ven de lanzar o pasado fin de semana ata os 17.60 m. distancia inalcanzable ata o momento, polo resto de atletas inscritas.
Adrián Ben centrará este ano os seus principais obxectivos con vistas á proba dos 1.500 m. O seu rexistro do pasado 31 de xaneiro de 3:37.43 situanno como a segunda mellor marca dos participantes tan só superado por Attaoui con 3:36.24.
Pola súa banda a medallista olímpica Ana Peleteiro, inmersa en profundos cambios, parte como unha das favoritas nun concurso de triplo ao que acude con certos problemas físicos que non a están permitindo rendir ao máximo nivel e que deixan no aire a súa participación final.
No resto de participación galega estaremos moi pendetes dos 60 valos na que o plusmarquista galego absoluto Hugo Vázquez do Marineda, estará loitando por un posto na final ao igual que Jacobo Soler nunha díficil proba dos 400 m. A medallista de bronce Sub23 Xiana Lago do Ría Ferrol, será outra das atletas importantes que estarán presentes no Gallur sobre o concurso de peso.
No saltos contaremos co que podería ser practicamente o último campionato de España indoor en activo da internacional monfortina Saleta Fernández, cuxos problemas físicos nos últimos anos, están impedindo á plusmarquista galega amosar o seu gran potencial.
Sobre o foso de lonxitude un Sergio Coello, que deixaba moi boas sensacións no galego, loitará tanto por un posto de podio, como por unha mínina de participación para o campionato de Europa do mes de marzo nos Paises Baixos da que está a tan só nove centímetros. Sen lugar a dúbidas o futuro da especialidade pasa por este atleta cuxas capacidades están ainda por descubrir.
Por último nas combinadas, novamente Adolfo Saínz-Maza do Celta, estará na loita directa polos postos de finalista sobre un concurso no que se presenta cun rexistro de 5.209 puntos.

