
A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC), Marcos Míguez, e o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz, recibiron, este mércores, na Sala de Xuntas da Vicerreitoría, aos representantes da empresa alemana Henkel, proveedor líder de solucións para adhesivos, seladores e recubrimentos funcionais en todo o mundo, para estudar vías de colaboración no que atinxe ao uso dos seus produtos adhesivos nos eidos da docencia e da investigación.
Ao longo da xornada, o Specialist Marketing & Customer Activation, Marçal Salvia, o Senior Manager Application Engineering, Julian Vargas; e o Thecnical Sales Adhesive Technologies General Industry, Juan José Couceiro; visitaron a Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) da man do secretario do centro, o profesor José Ramón Méndez, e do xefe de taller e docente, Pablo Galdo.
Acto seguido, trasladáronse ata o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), onde foron recibidos polo seu director científico, Armando Yáñez, e onde visitaron varios dos seus laboratorios e mantiveron unha reunión coa integrante do Grupo de Investigación en Propiedades Térmicas e Reolóxicas de Materiais (PROTERM), Ana Álvarez.
Por último, os representantes da empresa alemana Henkel, na súa rama de adhesivos, achegáronse ata o Edificio de Talleres, adscrito á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), onde coñeceron, de primeira man, os avances realizados nos últimos meses no Proxecto GreenPower, unha iniciativa na que participan preto de 20 estudantes de grao, de máster e de programas de doutoramento da escola, deseñando e construíndo un coche eléctrico co quecompiten en varias carreiras autonómicas e nacionais baixo a titorización dos profesores José Manuel Amado e Emilio Sanjurjo.