Nova cita co remo na vila aresá: a Bandeira de Bateis Concello de Ares

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, e José Montero Vilar, secretario do Club de Remo local, presentaron a ‘Bandeira de Bateis Concello de Ares’, unha inminente cita deportiva para que os seareiros saian á rúa a desfrutar do talento dos remeiros e remeiras, con presenza de clubes da provincia de A Coruña e Lugo como parte da Zona Norte.

Aproveitando o acto de presentación deste evento inscrito na Liga Galega de Bateis, as autoridades debullaron a súa información organizativa básica: celebrarase este sábado 22 de febreiro, a partir das 10:30 horas na rampla grande da localidade, no propio paseo marítimo, participando nela as categorías base –alevíns, infantís, cadetes e xuvenís–, a sub-23 e a senior nas modalidades femenina e masculina.

Tanto Concello de Ares como Club de Remo local convidan á veciñanza e interesados polo remo a acudir á Bandeira, sobre todo polo atractivo que supón a cita, ao celebrarse dentro da ría e poder ver o desempeño das crianzas de preto, co “orgullo que supón para familias, afeccionados e os propios deportistas”.

Unha bandeira para que todo o mundo goce do remo, en todos os niveis, categorías e idades. «Hai canteira, hai bravura xabrenta!»

Lea también

Baxi Ferrol última los detalles para la ida de la gran final de la Eurocup Women

El Baxi Ferrol última los detalles para la ida de la gran final de la …