Aluvión de MMP e marcas mínimas no Campionato Galego Sub20 Indoor

Expourense vestíuse novamente de gala para recibir aos participantes do Campionato Xunta de Galicia Sub20 que deixaron sobre o sintético ourensán un total de vintedous marcas mínimas de participación para o campionato de España Sub20, así como setenta e cinco mellores marcas personais, rexistradas ao longo de todo o campionato. Durante a celebración do mesmo, contouse ca visita do Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes Diego Calvo.

Fuente Federación Galega de Atletismo

En canto a resultados e actuacións interesantes, compre citar a proba dos 60 valos na que a foto finish tivo que decidir os postos de podio con triunfo final para Leo Rodríguez do Celta con 8.20, sendo a prata para Pablo García do ADAS CUPA con 8,21 e o bronce ,co mesmo rexistro, para Martín Vázquez do LUCUS.

Nos concursos, o medallista de bronce no galego absoluto en triplo salto Gonzalo Cuns do At. Negreira, escalaba desta vez ata o máis alto do podio, mellorando ademáis a súa marca con 14.71 m.

A campioa galega do ano pasado en peso Gema Dacosta do Vila de Cangas, debutaba nesta categoría cumplindo os prognósticos e facéndose co título galego con 11.30 m.

No resto de actuacións compre salientar os títulos colleitados por Estela Díaz do Lucus Caixa Rural tanto nos 800 m. como nos 1.500 m. ao igual que Martina Gutiérrez do Celta Atletismo en 60 valos e altura.

Por parte masculina, dous título foron tamén os que sumaron no individual Iker Fernández de A Gándara nos 1.500 e nos 3.000 m. e Diego Martínez do Vila de Cangas nos concursos de altura e peso

Lea también

300 rapaces disputan en Narón o Cto provincial de dúatlon escolar ó aveiro de Xogade

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou na entrega de premios do …