As Somozas se suma ó programa de compostaxe doméstico de Sogama

O Concello das Somozas súmase ao Programa de Compostaxe Doméstico impulsado por Sogama e repartirá ata 50 composteiros entre a súa veciñanza. O obxectivo desta iniciativa é estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio e cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

Para formar ás persoas interesadas nas distintas técnicas de elaboración de compost tamén realizarase un curso presencial no que se resolverán dúbidas e se repartirá o material necesario. Durante o primeiro ano realizarase un seguimento do uso veciñal dos composteiros por Sogama.

As persoas interesadas teñen ata o 21 de febreiro para solicitar os composteiros, que se repartirán por estrito orde de inscrición.  O alcalde, Juan Alonso Tembrás, destacou que “este proxecto é importante a nivel medioambiental e económico para o Concello, xa que facemos a reciclaxe no punto de orixe da produción do residuo e conseguimos diminuír os costes ambientais e económicos da recollida, transporte e tratamento deste tipo de residuos”.

Lea también

Escola Museo Vivo da Ramalleira de Valdoviño participa en Portugal en unas jornadas sobre recuperación de memoria escolar

El escritor Antón Cortizas, integrante del grupo de trabajo que impulsa la recuperación del centro …