Rafael Suárez, imparte en Ferrol unha conferencia no marco da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, este mércores 19 de febreiro, ás 18:00 horas, o relatorio do xerente da Fundación Exponav, Rafael Suárez, titulado “Antonio de Gaztañeta. Arquitecto e Construtor Naval”, no marco do Ciclo de Conferencias 2024/25 da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos que promove a Universidade da Coruña (UDC) xunto con Navantia, baixo a dirección da profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Ana Álvarez, e do responsable de programa en Navantia Seanergies, Fernando Lago.

Foto: Rafael Suárez nunha imaxe cedida pola Fundación Exponav.

Ao longo da súa intervención, o xerente da Fundación Exponav, Rafael Suárez, realizará un breve percorrido pola traxectoria persoal e profesional de Antonio de Gaztañeta, figura central da construción naval española desde 1688 ata 1728, data do seu falecemento. Acto seguido, analizará tres das súas obras máis coñecidas, “Arte de fabricar reales” (1688), “Proposiciones de las medidas arregladas a la construción de un bajel de guerra de setenta codos de quilla” (1712) e “Proposiciones de las medidas más esenciales para la fábrica de navíos y fragatas” (1720).

A conferencia poderá seguirse en directo a través da páxina web www.catedracosmealvarez.com.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o X Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, o xerente do Agadic, Jacobo Sutil, e o director …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *