Homenaxe en San Sadurniño á surfista Candela Pérez: «Noraboa por facer historia»

Xusto antes do empezo do partido de volei da SM2, rendéuselle á surfista Candela Pérez Dopico a homenaxe que se tiña pendente desde decembro, cando acadou en Canarias o subcampionato europeo da categoría SUB-10.

Fuente Concello San Sadurniño/ foto César Galdo
 
Entregóuselle un cadro obra de Carlos Garcia Romero e ademais o Club Deportivo Aldebarán San Sadurniño tamén agasallou á campioa cunha camiseta asinada por todos os xogadores do primeiro equipo. Nela levaba escrita a mensaxe: «Noraboa por facer historia».
 
Candela recibiu o aplauso de todo o pavillón, dos xogadores do Aldebarán e do Arona Playa de los Cristianos,moi preto de onde conseguiu a prata europea, e dos compañeiros do equipo RSM Surf School de Pantín, auténtica canteira de surfistas de primeiro nivel.
 
Fuente Concello San Sadurniño/ foto César Galdo
Fuente Concello San Sadurniño/ foto César Galdo
 

Lea también

La jugadora del Baxi Ferrol, Bego de Santiago, se perderá toda la temporada por lesión

Uno de los fichajes del Baxi Ferrol, Bego de Santiago se va a perder la …