Moeche ultima para finais de marzo a VII Feira do Queixo

O domingo 30 de marzo Moeche ofrece a sétima edición da Feira do Queixo, a feira dos mellores queixos artesáns. O Concello, ten avanzada a organización desta nova edición dunha feira que xa se consolidou, na sua corta andaina, como un dos principais referentes para descubrir a variedade e calidade dos queixos artesáns de maior prestixio, os elaborados no municipio e na comarca, pero tamén noutras partes de Galicia, do Estado e mesmo do mundo. 

Este ano por mor das datas de Entroido as tradicionais feiras do queixo que se celebran en Galicia  modificaron as habituais datas, e así a Feira de Meoche trasládase de mediados de mes para finais de mes.

En breve publicarase a apertura do prazo de inscrición para as queixarías e temán para os postos de alimentación,  así mesmo darase a coñecer a queixaría convidada deste ano. A Feira do Queixo de Moeche acolleu como queixarías convidadas prestixiosos produtores do queixo Gamoneu ou Idiazabal entre outros e na pasada edición , de 2024, as principais queixarías da Rede española de Queixarías Artesás.

O queixo volverá ser, polo tanto, o eixo central dunha feira que busca promocionar todo o que pode dar de si a transformación leiteira baseada na calidade e na diferenciación dos seus produtos. A VII Feira do Queixo tamén será punto de encontro para participar e gozar de catas comentadas, música, obradoiros para a rapazada , Tren do Queixo, visitas ao Castelo e algunha outra novidade,… un completo programa de opcións paralelas para toda a xornada.

Lea también

La Xunta apuesta por los mercadillos navideños de artesanía alimentaria para acercar al público productos de calidad

La conselleira de Medio Rural, María José Gómez, ha visitado este sábado el Mercado de …