A Deputación inviste 350.000€ no financiamento de persoal técnico de igualdade

A Deputación da Coruña investirá este ano 349.800 euros no programa FOAI, de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento de persoal técnico nos servizos municipais de igualdade de xénero no ano 2025. Os 18 beneficiarios, que recibirán axudas de entre 8.800 e 22.000 euros, son os concellos da Laracha, A Pobra do Caramiñal, Arzúa, Betanzos, Brión, Coirós, Dodro, Dumbría, Mañón, Outes, Paderne, San Sadurniño, Santa Comba, Tordoia, Touro, Trazo, Valdoviño e a Mancomunidade de Municipios Comarca de Ordes (Tordoia, Cerceda, Ordes, Mesía, Trazo, Oroso e Frades).

O obxecto do programa FOAI/2025 é a asistencia económica ás entidades locais de menos de 20.000 habitantes, contribuíndo ao financiamento de técnicas e técnicos e axentes de igualdade de xénero para a dinamización  e o desenvolvemento de políticas de igualdade, ademais da coordinación coa Deputación no marco do I Plan de acción das políticas de Igualdade de xénero na provincia da Coruña. O programa subvencionará os postos de traballo que estean desempeñados por persoal funcionario ou laboral.

“Entre as necesidades na procura da igualdade e na loita contra a violencia de xénero”, explica a deputada de igualdade,Sol Agra, “atópase a de dotar de persoal técnico especializado que dinamice no territorio as políticas públicas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e traballe a prol da erradicación da violencia de xénero”. “Por iso é tan importante, tanto para a Deputación coma para os concellos de toda a provincia, esta liña de subvencións”.

Agra referiuse tamén ao labor “fundamental” que desempeña o persoal técnico dos servizos de igualdade: “Non só proporcionan información, orientación e asesoramento, senón que programan, planifican e interveñen na realización de proxectos, en colaboración co noso departamento, de dinamización de políticas de igualdade no territorio”.

Lea también

Los menores de 36 años podrán solicitar las ayudas del Bono Alugueiro a partir del 28 de febrero

El Consello de la Xunta ha aprobado este lunes una nueva convocatoria del Bono Alugueiro …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *