Fene acolle a xornada “Ostomía e Continencia”

O mércores 19 de febreiro, ás 20.30h, o CPS de San Valentín acolle a xornada “Ostomía e Continencia”, unha actividade organizada pola Asociación de Técnicos de Farmacia de Ferrolterra e dirixida a profesionais do ámbito sanitario, coidadores, persoal de atención sociosanitaria e familiares de persoas ostomizadas. A participación é gratuíta, se ben é necesario inscribirse previamente chamando ao 646 381 096.

A xornada abordará cuestións clave para mellorar a calidade de vida das persoas con ostomías e problemas de continencia urinaria, tratando temas como:

Coidados das ostomías: tipos de ostomía, dispositivos dispoñibles, presentacións comerciais, accesorios e manexo axeitado dos dispositivos.

Coidados da continencia urinaria: cateterismo intermitente, sondas de autocateterismo, colectores de ouriños masculinos e bolsas de ouriños.

Ao finalizar a sesión, abrirase unha quenda de preguntas para aclarar dúbidas e as persoas asistentes poderán desfrutar dun pequeno aperitivo.

Desde a Concellaría de Benestar Social e Igualdade anímase á participación nesta actividade, que supón unha excelente oportunidade de formación para todas aquelas persoas que teñan contacto directo con pacientes ostomizados ou con necesidades de continencia urinaria.

O presidente da Asociación de Técnicos de Farmacia de Ferrolterra, Antonio Ávila del Moral, destacou que «esta xornada é a primeira dunha serie de actividades que queremos impulsar desde Fene para mellorar a formación e a atención ás persoas con necesidades sanitarias específicas. O noso obxectivo é achegar información práctica e útil tanto a profesionais como a familiares e coidadores».

Esta iniciativa marca o inicio dun programa de accións formativas en Ferrolterra, orientadas a mellorar a calidade de vida das persoas con necesidades sanitarias específicas e a ampliar os coñecementos de todos os axentes implicados no seu coidado.

Lea también

Cariño oferta un campamento de Semana Santa para facilitar la conciliación familiar

El Concello de Cariño oferta un campamento de Semana Santa para los más pequeños de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *