Dúas entidades se presentaron en Ferrol para incorporarse ó Consello Sectorial da Lingua

Tras a finalización do prazo inscrición para participar no Consello Sectorial da Lingua a concellería de Normalización Lingüística de Ferrol, ao frente da que se atopa Patricia Cons, informa que dúas entidades presentaron a solicitude correspondente amosando o seu interese por participar no mesmo. Agora estas solicitudes levaránse ao Consello da Lingua.

As entidades inscritas no Rexistro Sectorial de Entidades Cidadás relacionadas co sector ou con interese na materia do Consello Sectorial da Lingua e os cidadáns e cidadás a título individual, maiores de 16 anos, poden formar parte deste consello. Na actualidade, tras o primeiro proceso aberto de incorporación de novas entidades, adheriuse o Real Coro Toxos e Froles.

O obxectivo é facilitar unha maior participación, cun máximo de 15 entidades e asociacións de Ferrol e de cinco cidadás ou cidadáns, e de conformidade co artigo 5 do citado regulamento.

Lea también

Este miércoles inauguracion en el Museo Naval de la exposición «300 aniversario del Departamento Marítimo del Norte»

Este miércoles, a las 12 horas, está prevista la inauguración oficial en el Museo Naval, …