A Deputación de A Coruña financia con 0.5M€ os gastos do persoal de normalización lingüística

Os beneficiarios recibirán axudas de entre 18.000 e 20.000 euros “Esta liña é moi importante no noso departamento, pois é unha ferramenta indispensable para mellorar a situación do galego, que hoxe en día está nunha conxuntura de evidente desigualdade social”, destaca a deputada de Lingua, Sol Agra

Fuente Deputación de A Coruña

A Deputación da Coruña inviste este ano 496.000 euros no programa FONL, de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento dos gastos de persoal técnico dos Servizos de Normalización Lingüística. Os 25 beneficiarios, que recibirán axudas de entre 18.000 e 20.000 euros, son os concellos de Abegondo, A Baña, A Coruña, Ames, Arzúa, Betanzos, Boiro, Carballo, Carnota, Carral, Dumbría, Fisterra, Melide, Miño, Muros, Narón, Oleiros, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Ribeira, Rois e Teo, e as mancomunidades de municipios das comarcas de Ferrol e de Ordes.

“Esta liña, dunha área pouco atendida noutras institucións públicas que teñen a posibilidade de lexislar”, salienta a deputada de Lingua, Sol Agra, “é moi importante no noso departamento, e unha ferramenta indispensable para mellor a situación do galego, que hoxe en día está nunha conxuntura de evidente desigualdade social, na que a produción cultural, científica e comercial realizada na nosa lingua atopa grandes dificultades para se poder desenvolver con normalidade no país”.

Para Agra, “un bo persoal técnico non só resolve dúbidas e mellora a calidade lingüística e comunicativa da administración, senón que nos asesora en todo o relacionado coa política lingüística na procura do incremento do uso e prestixio do galego”. “Tamén”, engade, “no deseño de programas dinamizadores e accións concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso e prestixio do noso idioma”. “É, ademais, é fundamental na boa colaboración da Deputación con outros concellos á hora de planificar e executar accións de normalización conxuntas”.

Lea también

La Xunta impulsa al comercio local con 74 acciones enmarcadas en el nuevo Plan Estratégico del sector

La Xunta de Galicia acaba de presentar el nuevo Plan Estratégico del comercio de Galicia …