Marián Ferreiro convidou a unha vintena de escolares do CPR Ayala a solventar a “Misión en segredo: o escudo agochado de Narón”

Unha vintena de escolares de sexto curso de Primaria co CPR Ayala visitaron na mañana deste martes 11 o Concello de Narón para participar no programa de visitas impulsado dende a concellaría de Ensino.
Foto-concello de Narón
 
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu aos menores xunto coa edil de Ensino, Olga Ameneiro, no salón de plenos. Unha vez alí as rapazas e rapaces interesáronse ante a rexedora local por numerosas cuestións vencelladas ao seu traballo no Consistorio.
 
Rematadas as preguntas á alcaldesa a actividade continuou co escape room “Misión en segredo: o escudo agochado de Narón”. Neste punto, Ferreiro pediu a axuda dos escolares para enfrontar unha misión segreda, que non foi outra que solventar un problema que afectaba ao Concello e de gran importancia para o conxunto da cidadanía. A solución quedou polo tanto nas mans das nenas e nenos do centro, os elixidos nesta ocasión para representar á súa cidade.
 
O traballo en equipo e a axuda dos monitores foi imprescindible para poder solventar esta misión de alto segredo a base da resolución dunha serie de probas. A memoria, o enxeño, o coñecemento da contorna, a escoita activa e as habilidades sociais para empatizar cun personaxe misterioso foron as bazas coas que contaron os escolares á hora de afrontar este reto, que se levou a cabo no interior do Consistorio. Cofres pechados, chaves, lanternas de luz ultravioleta, mapas, adiviñas, labirintos, mensaxes cifrados… foron algúns dos elementos utilizados para esta misión que durou sobre unha hora e que levaron a cabo con éxito. Ao remate da mesma, recibiron uns agasallos institucionais.
 
A alcaldesa destacou o feito de que “a través deste tipo de iniciativas podemos achegar máis o Concello e os servizos que aquí se ofrecen á cidadanía, neste caso mediante a figura das nenas e nenos de sexto de Primaria de varios colexios de Narón que dende hoxe e nos vindeiros meses participarán nas mesmas”.

Lea también

Entrega dos premios do concurso da XIX Mostra da Camelia Cidade de Narón

Ata as 18:00 horas deste domingo 9 poderanse ver os centos de especies de flor …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *