BNG de Ferrol solicita a paralización dos recheos na parroquia de Mandiá

O portavoz nacionalista lamentou «os prexuízos que lle están a provocar estes traballos á veciñanza de Mandiá». «Unha parroquia que xunto á destrución medioambiental provocada polos recheos acometidos nestas parcelas sen ningún tipo de control, destruíndo masas arbóreas, rectificando as escorrentías dos ríos e mudando a paisaxe da contorna de maneira substancial, está a padecer o tránsito constante de camións de gran tonelaxe provocando o deterioro dos camiños e chegando a convertelos en intransitables».

Ademais o portavoz municipal demandou do goberno local «que aclare si estes traballos contan coas autorizacións autonómicas preceptivas, en concreto de Augas de Galicia, ao verse afectada a parcela polo leito dun río e a súa zona de policía».

Rivas lembrou que «en solo rústico unicamente están permitidos os movementos de terra que non alteren a topografía natural do terreo e que non superen os 3 metros de altura respecto da rasante. Unhas circunstancias que facilmente se pode comprobar que distan moito de ser as das parcelas afectadas».

Por estas razóns exixiu do alcalde da cidade «que deixe de mirar cara outro lado e asuma as súas responsabilidades e exerza as súas competencias co obxecto de dispoñer a suspensión inmediata dos traballos, tal e como recolle o art. 376 do Regulamento da Lei do Solo de Galicia».

Así mesmo Rivas, diante da situación que están a vivir os veciños de Mandiá, demandou do alcalde da cidade «que aclare si existe a previsión de que se vaian a cometer máis recheos coma este en outras parcelas e de ser o caso, que impida que estes se poidan chegar a producir».

Por outra parte, o portavoz nacionalista lamentou «que se este a converter a zona rural da cidade nun depósito de residuos ao derivar os restos das obras que se están a desenvolver na cidade a parroquias como Mandiá e provocando o deterioro medioambiental de contornos, que moi ao contrario do que acontece a día de hoxe, debería ser obxecto de protección e preservación por parte das administracións públicas».

Brais Vázquez, veciño de Mandiá

Brais Vázquez veciño de Mandiá e que fixo de portavoz dos veciños afectadas por estes traballos asegurou «que levan semanas denunciando a situación que están a vivir». «Tanto polo impacto das obras na contorna como polas molestias que causan aos veciños o transito continuado de camións». Sinalou que piden que «paren as obras e miren se cumpren coa legalidade porque están destrozando estes lugares e non van quedar zonas naturais. Asi mesmo piden que non continúen a dar licenzas deste tipo para protexer a riqueza natural da parroquia»

Lea también

Agenda de actos y celebraciones del 10 al 15 de febrero en la zona norte

  —-LA FRASE DE LA SEMANA–“El arte y la cultura aumentan la armonía, la tolerancia y la comprensión entre las personas.” …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *