Os óleos de Sergey Sozonov protagonizan en Cerdido a galería ‘Unha obra, unha mirada’

O Concello de Cerdido dálle a ‘benvida cultural’ ao mes de febreiro acollendo as pinturas de Sergey Sozonov no marco da iniciativa ‘Unha obra, unha mirada’.

Sozonov, nado en Rusia, é veciño do concello de Ortigueira e centra a súa produción pictórica en diversos óleos con especial atención a retratos de figuras femininas e a bodegóns.

As persoas interesadas en gozar da exposición poderán achegarse á casa consistorial durante este mes de febreiro.

 

Lea también

La Filarmónica trae a Ferrol las ‘Cuatro estaciones’ para gaita barroca y orquesta de cámara

Un concierto memorable, histórico e historicista, espera a los ferrolanos este 27 de octubre con …